Claustro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: es:Claustro
Lansbricae (conversa | contribucións)
{{Elementos da arquitectura eclesiástica}}
Liña 4:
A palabra '''claustro''' vén do [[latín]] ''claudere'', co significado de "pechar".
 
Un claustro é un patio cadrangular que ten nos seus catro lados unha galería porticada con [[arcada]]s ou [[arquería]]s que descansan en [[columna (arquitectura)|columna]]s ou dobres columnas. Os claustros adoitan estar edificados a continuación dunha das naves laterais dunha [[catedral]] ou da [[igrexa]] dun [[mosteiro]]. Cada galería toma o nome de [[wikt:panda|''panda'']] e en cada panda distribúense os distintos espazos necesarios para a vida monacal ou catedralicia. Adoita ser lugar de recollemento. O [[patio]] está case sempre axardinado e no centro atópase unha fonte ou un pozo.
 
==Descrición dun claustro==
O claustro é de planta cadrada e cada un dos catro lados recibe o nome de ''panda''. No centro adoita haber un pozo e no espazo restante, un pequeno xardín con catro camiños. Cada panda ten unha galería ou corredor cuberto limitado por arcadas. Na panda leste áchase case sempre unha pequena estancia que servía como estudo ou [[biblioteca]], independentemente da gran biblioteca que tiñan algúns mosteiros importantes. A continuación achábase a [[sala capitular]], peza que se consideraba de grande importancia e que xeralmente construíase con rica ornamentación arquitectónica. Era o lugar de reunión da comunidade, onde se lían os capítulos da regra da orde e onde o [[abade]] organizaba as distintas tarefas a seguir polos [[monxe]]s. Nesta sala era onde se expuñan posibles faltas dalgún deles para que o superior o reprendese. Dicíase ''chamar a capítulo''.
 
Na panda sur adoitaba estar o ''calefactorio'', lugar caldeado onde podían ir os monxes de cando en vez para descansar e entrar en calor. Ao seu lado, o [[refectorio]], que era o comedor, e lindeiro con el, a [[cociña]].
 
A panda oeste adoitábase chamar ''de leigos'' e tiña a ruela tamén ''de leigos'' e a [[Wikt:cilla|cilla]] coa [[adega]]. As celas dos monxes ou o gran dormitorio común (depende da época e das distintas ordes) estaban no piso superior.
 
Os [[chapitelcapitel|chapiteiscapiteis]] das columnas dos claustros [[arte románica|románicos]] están especialmente decorados e tallados e ás veces constitúen verdadeiras obras de arte.
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Claustro románico en Galicia]]
*[[Claustro románico en Cataluña]]
 
===Ligazóns externas== =
*[http://cvc.cervantes.es/actcult/art_reli/claustros/ ''Claustros españois'' no Centro Virtual Cervantes]
{{Elementos da arquitectura eclesiástica}}
 
[[Categoría:Arquitectura relixiosa]]