Diferenzas entre revisións de «Tulkas»

sen resumo de edición
'''Tulkas''' é un personaxe ficticio do [[legendarium]] de [[J. R. R. Tolkien]], que aparece na súa obra ''[[O Silmarillion]]''. É un dos [[Valar]], os seres anxelicais que gardan e gobernan [[Arda]] (o mundo no universo de Tolkien). Tamén se lle coñece polo alcume ''Astaldo'', que significa ''o Valente''.
 
==Personaxe==
 
A Tulkas descríbeselle como un home de cabelo e barba dourados e cute rubio, que non precisa de cabalo, xa que é incansábel e ningunha outra cousa pode igualar a súa velocidade<ref>O Silmarillion: Valaquenta</ref>. Non lle interesan nin o futuro nin o pasado, e é o máis guerreiro dos Valar. Foi o último deles en descender a Arda para axudar aos demais na guerra que estaban a librar contra [[Melkor]], o Vala maligno. Melkor fuxiu ante a súa chegada, co que comezou a [[Primavera de Arda]].
Logo da creación das [[As Dúas Lámpadas|Dúas Lámpadas]] e de que os Valar estabelecesen a súa primeira morada en [[Almaren]], Tulkas casou con [[Nessa]] durante un grande banquete disposto por [[Manwë]]. Despois adormeceu, momento que aproveitou Melkor para entrar na [[Terra Media]] sen ser visto<ref>O Silmarillion: Valaquenta, Quenta Silmarillion</ref>.
 
===Referencias===
<references/>
 
3.209

edicións