Abrir o menú principal

Cambios

 
==Traxectoria empresarial==
O seu pai, que fora emigrante a [[Gran Canaria]], tiña unha empresa de coches de liña que cubría o percorrido entre [[Ourense]], [[Luíntra, Nogueira de Ramuín|Luíntra]] e [[Os Peares]]. Alí comezou a traballar realizando adaptacións mecánicas, fundamentalmente nos [[motor]]es. Fai a [[guerra civil|guerra]] no bando nacional, primeiro como soldado no [[terzo Abárzuza]] e logo como chofer de camións de feridos. Ao remate do conflito segue vencellado ao mundo do motor, e comeza a mercar autobuses, camións, e pezas, que el vai axustando á carrocería.
 
En [[1945]] vende a liña de autobuses e funda a construtora BECOSA (Barreiros Empresa Constructora, S.A.), unha empresa de obras públicas para a que desenvolve maquinaria e aplicacións de construción propia. A construtora, grazas ás melloras tecnolóxicas, axiña prospera e consegue contratos en Galicia e en [[Castellón]].