Aulë: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Aulë''' é un personaxe ficticio do [[legendarium]] de [[J. R. R. Tolkien]].
 
Aulë o Ferreiro (do [[Valarin]] '''Aȝûlêz''') é un dos [[Valar|Vala]], eos unseres dosanxelicais que participaron na creación de [[AinurArda]] (o mundo no universo de Tolkien). Aulë ten dominio sobre a materia que compón [[Arda]] e é o mestre de todas as artes que lle dan forma. Foi el quen creou os [[Anano (Terra Media)|Ananos]], que o coñecen como '''Mahal''', o Creador. Durante a [[Música dos Ainur]], os temas de Aulë atanguían as cousas físicas das que se compuña Arda, e cando [[Eru Ilúvatar|Ilúvatar]] ([[Deus]]) creou os temas dos [[Ainur]], a súa música converteuse nas terras da [[Terra Media]]. Entre as súas obras inclúense tamén [[Angainor]] (a cadea de [[Melkor]]), as [[Dúas Lámpadas]] e os barcos que transportan o [[Sol]] e a [[Lúa]]. A súa esposa é [[Yavanna]], e o seu nome quere dicir ''invención'' en [[Quenya]].
 
Ao ser Aulë un ferreiro, é o Vala que máis se asemella a Melkor en poderes e pensamento, xa que ambos se deleitan na elaboración de cousas enxeñosas e orixinais, e os dous crearon seres de seu. Pero mentres que Aulë se esforzaba para se manter fiel ao propósito orixinal da Música dos Ainur, e sometía toda a súa obra á vontade de Ilúvatar, Melkor desexaba controlar e corromper todas as cousas, e envexaba as creacións dos demais, polo que tentaba desfigurar ou destruír aquilo que facían. Tanto antes como despois da creación de Arda, existiu un longo conflito entre Aulë e Melkor. Porén, Aulë a miúdo opúxose ás tentativas de combater a Melkor, por medo do dano que se causaría sobre Arda.