Oromë: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1:
'''Oromë''' é un personaxe ficticio do [[legendarium]] da [[Terra Media]] de [[J. R. R. Tolkien]], que aparece principalmente na súa obra [[O Silmarillion]].
Oromë
Durante os [[Anos das Árbores]], cando a maioría dos Valar marcharon da Terra Media para se ocultar en [[Aman]], Oromë seguiu a cazar de cando en vez nas fragas da Terra Media. Así, atopou os [[Elfo]]s logo de estes espertaren en Cuiviénen (aínda que [[Melkor]], o Vala maligno, descubríraos antes ca el), e o primeiro en darlles o nome de [[Eldar]]. Foi tamén quen levou consigo a tres deles para [[Valinor]]. Sendo un poderoso cazador, desempeñou un papel activo nas loitas contra Melkor.
Posuía un grande corno (o ''Valaróma'') e un grande cabalo (''Nahar'' ou ''Nækhærra''). Era célebre pola súa carraxe, a máis terríbel entre os Valar. Oromë é un dos Aratar, Os Altos de Arda, os oito Valar máis poderosos, o que significa que o seu poder é moito maior ca o doutros espíritos anxelicais como os [[Maiar]], e mesmo ca o da súa esposa e o da súa irmá.
{{ainur}}
|