Catalán en Andorra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 2:
O [[lingua catalá|catalán]] é a [[lingua]] propia e a única oficial do Principado de [[Andorra]], practicamente ata ben entrado o [[século XX]] era a única lingua de uso coloquial no país, o [[lingua latina|latín]] e máis tarde o [[lingua francesa|francés]] e o [[lingua castelá|castelán]] eran as linguas utilizadas no ensino. O cambio na composición da poboación, en 1940 o 17% da poboación era estranxeira, e 1989 o 76% e en 2004 o 67%, fixo que a poboación autóctona, e a súa lingua, pasara a ser minoría. A maioría dos estranxeiros son españois, o 44%, principalmente de lingua castelán, pero tamén unha parte importante son de lingua catalá e [[lingua galega| galega]]; o 11‰ son portugueses, de lingua materna [[lingua portuguesa|portuguesa]] e o 7% franceses, na súa gran maioría de lingua francesa porén hainos tamén de lingua catalá.
Segundo a enquisa de usos lingüísticos de Andorra de 2004 [http://www20.gencat.cat/docs/Llengcat/Documents/Dades%20origen%20territori%20i%20poblacio/Altres/Arxius/eulandorra2004.pdf]o 31.4% da poboación ten o catalán como lingua inicial e o 43.8% utilízaa como lingua habitual.
 
== Marco xurídico ==
Andorra é o único territorio de catalanófono no que o catalán non comparte oficialidade con outra lingua, a constitución andorrana de 1993 declara no seu artigo 2.1 ao catalán como a lingua oficial do Estado, que se regula pola Lei de ordenación do uso da lingua oficial do [[16 de decembro]] de [[1999]] que ten como obxectivo que o catalán sexa a lingua de uso xeral e de expresión colectiva da sociedade andorrana. Todos os andorranos teñen o deber de coñecer o catalán e non só existe o deber de atender en catalán para as administracións públicas senón tamén para os profesionais liberais e os seus colexios profesionais e as organizacións empresariais.
 
== Ensino ==