Sátrapa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
Lansbricae (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Sátrapa''' (en [[idiomalingua gregogrega|grego]]: σατράπης ''satrápēs'', do antigo [[idiomalingua persa|persa]] ''xšaθrapā(van)'', «protector da terra/país») é o nome que se deu aos gobernadores das provincias dos antigos imperios [[Media (Oriente Medio)|Medo]] e [[Imperio Persa|Persa]], incluíndo a [[dinastía]] [[Aqueménida]] e varios dos seus herdeiros, tales como o [[Imperio Sasánida]] e os imperios [[Período helenístico|helenísticos]].
==Sátrapas medo-persas==
O primeiro uso a gran escala das satrapías, ou provincias, data da concepción do primeiro [[Imperio Persa]] baixo [[Ciro II o Grande]], ao redor do ano 530 adC. No entanto, as satrapías en si orixináronse durante a época dos medos, desde, polo menos, o ano 648 adC. Ata a época da [[conquista]] de [[Media]] por [[Ciro o Grande]], os emperadores medos gobernaban os seus territorios conquistados como [[provincia]]s, a través de reis e gobernadores clientes. Como na cultura persa o concepto de dignidade real era indivisible do concepto de divindade, os vinte sátrapas establecidos por Ciro nunca foron reis, senón [[vicerrei| vicerreis]] que gobernaban en nome do rei, aínda que na realidade política moitos excedéronse nas súas atribucións.
 
[[Darío I]] deu ás satrapías unha organización definitiva, e incrementou o seu número a 23. Os sátrapas eran elixidos directamente polo rei xeralmente entre membros da nobreza. Exercían o poder xudicial e administrativo, cobraban os impostos ([[Inscrición de Behistún]]), encargábanse da orde pública e do recrutamento e mantemento do exército. O propio Darío I encargábase da súa supervisión e control para evitar que se excedesen nas súas funcións.