Joan Miró: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Mix (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Mix (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Joan Miró''' ([[Barcelona]], [[20 de abril]] de [[1893]] - [[Palma de Mallorca]], [[25 de decembro]] de [[1983]]) foi un [[pintor]], [[escultor]] e [[ceramista]] español e un dos máximos representantes do [[surrealismo]].
 
Nacido no cerne comercial da capital catalá, de neno pasaba temporadas cos seu avó paterno en [[Cornudella]] e cos seus avós maternos en [[Mallorca]], contra a súa vontade matriculouse na Escola de Comercio (1907) inda que seus pais lle permitiron tamén estudar na Escola de Belas Artes La Llotja. En 1910 entrou como aprendiz nunha droguería o que lle provocou unha depresión nerviosa, despois de pasar a convalecencia nunha masía familiar en [[Mont-roig del Camp]] conseguíu que seus pais accedesen a que se matriculase na Escola d'Art de Francesc Galí e en 1914 alugou o seu propio estudo, a pintura desta primeira época baséase na realidade inmediata, son paisaxes, retratos, bodegóns nun estilo [[fauvismo|fauvista]] con certas distorcións formais e contrastes cromáticos, especialmente fortes nos retratos. Entre 1918 e 1920 a súa obra caracterízase polo detallismo, pinta paisaxes rurais nos que dá o protagonismo ás masías e ás hortas e no que cada elemento adquire a súa propia individualidade.
 
Movido pola comunidade artística que se agrupaba en [[Montparnasse]], Miró mudouse durante varias tempadas invernais a [[París]], dende [[1920]], onde desenvolveu un estilo único, influido por poetas e escritores surrealistas. Os seus traballos surrealistas son considerados dos máis orixinais do [[século XX]].