Abrir o menú principal

Cambios

Dende [[Israel]], Deus actúa na historia e se revela pola historia dun pobo ínfimo fronte aos colosais imperios ([[Exipto]], [[Asiria]], [[Babilonia]]...). Xa en [[Xesús de Nazareth]] introdúcese na historia conferíndolle unha consagración relixiosa que obriga a tomala en serio. Así pois, os acontecementos están cargados de eternidade. Sendo irreversible a duración, nada ocorre máis ca unha soa vez, de sorte que todo acto adquire unha dignidade particular e única. Como prolongación da presenza de Cristo, a Igrexa non é un grupo selecto de xustos, un reducto exclusivo de salvación, senón o depósito dunha [[graza]] inmerecida ao servizo de toda a humanidade. Na orde espiritual, como afirma [[Ambrosio de Milán]] non se posúe máis que o que se da.
 
Nese servizo, a Igrexa ha de responder ás inquedanzas da humanidade en cada tempo histórico. Aínda que sobre alicerces eternos, é unha casa en perpetua construción. A ''fidelidade a unha tradición non é nunca unha repetición servil''. De Lubac alerta contra unha catequese de reacción que provoca estreitez do punto de vista e hipertrofia e desproporcióndesproporcina daa verdade defendida, que pode ser ocasión de novos erros.
 
As promesas de progreso material, como as do [[marxismo]], someten aos homes a unha sociedade futura para a que se inmolan sen poder acadala. Fronte e isto, o [[materialismo]] do mundo occidental vive asulagado no tempo, na ansiedade dun futuro ignorado. Evadido nas satisfaccións, o home non acerta a concederse a satisfacción esencial que o axude a reencontrarse. Só o home será el mesmo, existirá por si mesmo, dende agora, se descobre en si, no silencio, algunha zona intacta, algún segundo plano misterioso ao que, sombría ou indiferente, banal ou tráxica, non invada a actualidade. Segundo de Lubac, isto pódeo experimentar o crente pois o alén, para el, está infinitamente máis preto que o porvir,infinitamente máis próximo que o que nós chamamos presente. É o eterno instalado no corazón de todo o desenvolvemento persoal ao que anima e orienta. É o verdadeiro Presente, sen o cal o mesmo presente é pó inasible. Se os homes de hoxe están tan traxicamente ausentes uns dos outros é, ante todo, porque están ausentes de si memos, unha vez abandonado o Eterno que é o único que lles arraiga no ser e lles permite comunicar entre si. Para o crente, ningún problema nin preocupación humana lle resulta extraña; todos o atinxen dun xeito tanto máis profundo canto é máis consciente das súas repercusións eternas.
Usuario anónimo