Manuel Lorenzo Barxa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lansbricae (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Manuel Lorenzo Barxa''' ([[Ferrol]] [[1878]]-[[1959]]) foi un gaiteiro ferrolán, fundador do Coro "Toxos e Froles". Naceu en [[Ferrol]] no ano [[1878]]. Descoñecemos como naceu a súa afección pola [[gaita]], probablemente desde ben mozo tivera contacto co instrumento.
 
Sabemos da súa participación nun concorrido certame de gaiteiros no ano [[1905]] durante a celebracións das ''Festas de Amboage', ao que acoden entre outros o vello Rilo, gaiteiro de sona de [[Betanzos]] gañador do primeiro premio deste certame no que Lorenzo queda de segundo. Tamén se escoitaron nestas festas aos famosos ''Trinta de Trives'' ([[Ourense]]).
 
Poucos anos despois deste certame en [[1909]] o primeiro ''Coro Galego'' ''"Aires d´a Terra"'' actuou en Ferrol, e probablemente impresionou a Manuel Lorenzo, que desde aquela foi seguidor e admirador de Perfecto Feijoo´o fundador de Aire d´a Terra. O intercambio de opinións e coñecementos entre os dous gaiteiros foi moi importante.
 
Segundo os datos que obran no arquivo do Real Coro Toxos e Froles o Coro Ferrolán "Toxos e Froles" foi fundado polo Gaiteiro Manuel Lorenzo, operario do obradoiro de forxas do Arsenal que coa axuda de Luis Amor Soto comeza a buscar xente que quixera vestir o traxe galego.
 
Tras moitos esforzos o soño de Manuel Lorenzo, convertese en realidade facendo a súa presentación pública o Sábadosábado, [[29 de maio]] de [[1915]], nun festival celebrado no Teatro ''Jofre''.'''