Valinor: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 5:
Valinor é o lar dos Valar, dos seus servos anxelicais (os [[Maiar]]) e dos [[Elfo]]s. O mar que se estende ao oeste da illa chámase [[Ekkaia]], ou Mar Circundante, e rodea tanto a Valinor como á [[Terra Media]].
Cada un dos Valar ten alí a súa propia rexión na que residir e alterar as cousas ao seu antollo. As Mansións dos dous máis poderosos, [[Manwë]] e [[Varda]], casados entre si, están situadas en [[Taniquetil]], a máis alta das Montañas [[Pelóri]]. [[Yavanna]], a Vala da natureza, o crecemento e as colleitas, vive nos Pasteiros de Yavanna, ao sur da illa. Preto de alí están as Mansións de [[Aulë]], o ferreiro dos Valar, esposo de Yavanna e quen creou aos Ananos. [[Oromë]], o Vala da caza, reside nos Bosques de Oromë, ao nordés dos pasteiros. [[Nienna]], a solitaria Vala do pesar e da resistencia, habita no
No leste de Valinor erguíanse outrora as [[As Dúas Árbores de Valinor|Dúas Árbores de Valinor]], Telperion e Laurelin, ante as portas da capital do reino, Valimar, lugar de reunión dos Valar e morada dos espíritos Maiar e dos Elfos [[Vanyar]]. Máis cara ao leste está o Calacirya, o único paso practicábel a través das [[Pelóri]], unha inmensa cordilleira montañosa que rodea a Valinor por tres dos seus lados, creada para impedirlle a entrada a [[Morgoth]]. No paso áchase a cidade dos Elfos [[Noldor]], [[Tirion]], construída sobre un outeiro. Á beira do mar e ao nordés de Tirion, sitúase [[Alqualondë]], o porto dos Elfos [[Teleri]]. No estremo nororiental, alén das Pelóri, estivo unha vez o [[Helcaraxë]], unha vasta capa de xeo que unía os continentes de [[Aman]] e a Terra Media antes de que Valinor fose alzado até os ceos para impedir que ninguén viaxase alí, após a Caída de [[Númenor]]. Amais, durante un tempo antes da ruína de Númenor, unha longa cadea de illas, chamadas as [[Illas Encantadas]], percorría a costa leste do continente; foran erguidas para que ninguén, xa for mortal ou inmortal, chegase a Valinor por mar.
|