Climograma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PixelBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: da, de, et, fr
Sen resumo de edición
Liña 1:
SOIS UNOS GILIPOLLAS!!!!
[[Imaxe:Clima Valencia.png|thumb|Climograma da cidade de [[Valencia - València|Valencia]]]]
 
Gráfico que representa [[temperatura]]s e [[precipitación]]s correspondentes a unha estación metereolóxica nun ciclo anual. Os datos acostuman ser medias mensuais e normalizadas (medias de observacións de 15 anos ou máis) e represéntase a evolución destas ó longo dos doce meses do ano. Normalmente representanse as temperaturas cun gráfico liñal e as precipitacións con barras. É un gráfico moi sinxelo e que permite estudar as características básicas do [[clima]] dun lugar. Resulta moi práctico representar a escala das [[chuvia|precipitación]]s ó dobre das temperaturas (sempre que non teñamos uns valores moi elevados de precipitacións), deste xeito os meses en que se produce aridez, que segundo o [[índice de Gaussen]] son aqueles nos que a precipitación é inferior ó dobre das temperaturas, vense moi claramente, xa que as barras das precipitacións van por baixo da curva de temperaturas. Delimitar os meses áridos é moi útil para o estudo das características dun clima.
 
A análise dun climograma debe permitir deducir a localización climática do lugar ó que se refire. O proceso de interpretación dun climograma pode ser o seguinte:
 
#Primeiramente, observando a [[estación]] seca, percíbese cal é o [[hemisferio]] en que está o espazo referido.