Ferdinand Marcos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: {| border="1" cellpadding="2" width=255 cellspacing="0" align="right" style="margin: 0 0 1em 1em; text-align:left; border-collapse:collapse; border:1px gray solid; font-size:95%; backg...
 
mSen resumo de edición
Liña 44:
No principio gobernou democráticamente, pero gradualmente tornouse máis autoritario, ata instaurar unha forte [[ditadura]] en [[1972]], a cal propiciou a aparición no país dunha [[guerrilla]] [[comunismo|comunista]] e outra musulmá, contrarias á súa política. Reelixido presidente en [[1969]], ao longo do seu segundo mandato tivo que facer fronte ao recrudecemento da guerrilla urbana e ás revoltas estudiantís.
 
En [[1972]] impuxo a lei marcial, grazas ao cal puido deter sen maiores trámites aos seus adversarios políticos, entre os cales atopábase [[Benigno Aquino Junior|Benigno Aquino]]. En [[1973]] promulgou unha nova [[Constitución]] na que pasaba a exercer tanto as funcións de [[xefe de Estado]] como as de [[primeiro ministro]].
 
En 1980 invitou ao Xeneral chileno [[Augusto Pinochet]] a Filipinas, pero tivo que cancelar a reunión por protestas en contra da visita do ditador chileno, cando Pinochet xa ía en voo ao país. Despois deste regresar ao Chile, rompéronse as relacións diplomáticas entre as dúas ditaduras.
 
Nove anos logo de proclamar a lei marcial, Marcos suprimiuna e procedeu a unha reforma constitucional. Ese mesmo ano foi reelixido presidente por seis anos máis. Pero a oposición foise endurecendo, sobre todo despois do asasinato do seu líder, [[Benigno Aquino Junior|Benigno Aquino]]. En [[1986]], a viúva de Benigno Aquino, [[Corazón Aquino|Cory Aquino]], venceu nas eleccións presidenciais a Marcos, quen pretendeu seguir no cargo pese á súa derrota. Pero as protestas populares e internacionais obrigárono a exilarse a [[Hawaii]]. Os seus últimos anos no poder caracterizáronse pola [[corrupción]], o estancamento económico, as grandes desigualdades entre pobres e ricos, e o aumento da guerrilla comunista nas zonas rurais do país.