Chatti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rei-bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: sv:Chatter
Sen resumo de edición
Liña 1:
Os '''Chatti''' (tamén '''Catti''') eran un antigo [[pobos xermánicos|pobo xermánico]] situado no Hesse central e setentrional e na Baixa Saxonia meridional, ao longo do curso superior do río [[río Weser]] e nos vales e montañas das rexións dos ríos [[río Eder|Eder]], [[río Fulda|Fulda]] e [[Río Werra|Werra]], un distrito aproximadamente correspondente a [[Hessen]]-[[Kassel|Cassel]], aínda que probablemente máis amplo. De acordo con [[Tácito]] (''Historiae'' iv. 70 [http://classics.mit.edu/Tacitus/histories.4.iv.html]), entre eles estaban os [[Batavi]], ata que unha pelexa intestina os fixo separarse e ocupar novas terras no esteiro do [[Río Rin|Rin]].
 
Os Chatti resistiron con éxito a incorporación ao [[Imperio romano]], uníndose á coalición de tribos do líder guerreiro [[Cherusci|querusco]] [[Arminio]] que aniquilou as lexións de [[Varo]] na [[Batalla do bosque de Teutoburgo]] no ano [[9]]. [[Xermánico]] posteriormente, no [[15]], asolou as súas terras en vinganza, pero Roma respondeu á belixerante defensa da súa independencia dos Chatti coa construción das fortificacións fronteirizas do [[limes]] ao longo da fronteira sur dos seus territorios no Hesse central durante os primeiros anos do [[século I]]. Atopáronse restos dun refuxio moi ben fortificado nun outeiro preto da aldea de Metze (Latín: Mattium) no medio do territorio dos Chatti ao sur de [[Kassel]].