Diferenzas entre revisións de «José María Fernández Colmeiro»

Nace en [[Silleda]] o [[21 de setembro]] de [[1894]]. Aos 18 anos emigra a [[Uruguai]], onde desempeña diversos traballos, rematando de farmacéutico. En [[1928]] gradúase en [[Medicina]] na Universidade de [[Montevideo]]. Nos anos 30 é representante da [[Liga contra o Fascismo, o Nacionalsocialismo e as persecucións raciais]].
 
En [[1935]] noméano agregado cultural da embaixada do [[Uruguai]] en [[Madrid]]. Traballa co xinecólogo [[Manuel Varela Radío]]. En xullo de [[1936]] enrólase como médico no exercito da República. Pasa a [[Xibraltar]]. Colabora na fuxida de republicanos desde [[Marrocos]]. Envía unha serie de artigos para o xornal [[El País (Montevideo)|El País]] de [[Montevideo]] baixo o título xeral de “Guerra pola independencia de España” que serán moi difundidos en toda Latinoamérica. Desde [[1938]] traballa na [[Fundación Curie]] de [[París]], que chegaría a dirixir.
 
Foi tamén director do ''[[Instituto de Canceroloxía]]''. Laureado co Premio Chevillon da Academia Nacional de [[París]] e co título de Científico estranxeiro insigne. Morre en [[1959]] cando dirixía o Servizo de Roetxeoterapia da [[Fundación Curie]].
2.309

edicións