Celso Delgado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
Licenciado en [[Dereito]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]], é un avogado especialista en xestión económica. Ten un máster en administración de empresas na especialidade de distribución comercial e foi asistente do secretario da [[Cámara Oficial de Comercio e Industria]] de Ourense.
 
Militante do [[Partido Popular de Galicia]], en [[1997]] preséntase nas listas provinciais ás [[eleccións Autonómicas de 1997 en Galicia|eleccións galegas]], e sae elixido parlamentario. Ocupa a vicepresidencia do Parlamento de Galicia ata o ano [[2000]], cando abandona o escano para encabezar as listas por [[provincia de Ourense|Ourense]] do seu partido nas [[eleccións Xerais de 2000 en España|xerais do 2000]]. Sae elixido deputado, reelixido en [[eleccións Xerais de 2004 en España|2004]] e volve encabezar a candidatura popular pola mesma provincia en [[eleccións Xerais de 2008 en España|2008]].
 
[[Categoría:Deputados galegos|Delgado Arce]]