Homo erectus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zanaer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Zanaer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 12:
Descubriuna [[Eugène Dubois]] en [[1891]] en [[Xava]]. O primeiro en propoñer o nome foi [[Ernst Mayr]] para unificar a clasificación dos fósiles asiáticos. Tiña feituras dun humano moderno, cunha capacidade cranial maior ca do ''[[Homo habilis]]''. A fronte era menos prominente e presentaba protuberancias óseas enriba das órbitas dos ollos, coñecidos como arcos superciliares, e os dentes máis pequenos, deseñados para mastigar materiais vexetais duros e carne. O cerebro era o 74% do dos humanos modernos, e de altura alta (1,79 m de media).
 
O ''Homo erectus'' tamén empregou utensilios máis diversos e sofisticados que os seus predecesores. Unha teoría é que o ''Homo erectus'' primeiro usou útiles do estilo da [[cultura de Olduvai]] e posteriormente usounas da [[cultura achelense]]. Os útiles que conservamos de ambos os dous periodos son de pedra. Os útiles de [[GarganteGarganta de Olduvai|Olduvai]] son os útiles coñecidos máis antigos e teñen unha antigüídade de 2,4 millóns de anos. A cultura achelense comeza hai 1,2 millóns de anos e finalizou hai 500.000 anos. A innovación máis importante está asociada cos machados achelenses, nos que se traballaba a pedra nos dous lados para poder cortar obxectos.
 
O ''Homo erectus'' foi, xunto o ''[[Homo ergaster]]'', o primeiro homínido que tivo como actividade principal a caza, permanecendo a busca de presa como actividade secundaria. Foi a primeira especie humana en saír de África: dende o [[Gran Val do Rift]] migraou ata o [[Mar Vermello]] e [[Asia]] e [[Europa]], aprendendo a dominar o seu contorno pola primeira vez, creando posibelmente os rudimentos da linguaxe.