Homo erectus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado modelo
Zanaer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 14:
O ''Homo erectus'' tamén empregou utensilios máis diversos e sofisticados que os seus predecesores. Unha teoría é que o ''Homo erectus'' primeiro usou útiles do estilo da [[cultura de Olduvai]] e posteriormente usounas da [[cultura achelense]]. Os útiles que conservamos de ambos os dous periodos son de pedra. Os útiles de [[Gargante de Olduvai|Olduvai]] son os útiles coñecidos máis antigos e teñen unha antigüídade de 2,4 millóns de anos. A cultura achelense comeza hai 1,2 millóns de anos e finalizou hai 500.000 anos. A innovación máis importante está asociada cos machados achelenses, nos que se traballaba a pedra nos dous lados para poder cortar obxectos.
 
O ''Homo erectus'' foi, xunto o ''[[Homo ergaster]]'', o primeiro homínido que tivo como actividade principal a caza, permanecendo a busca de presa como activadeactividade secundaria. Foi a primeira especie humana en saír de África: dende o [[Gran Val do Rift]] migraou ata o [[Mar Vermello]] e [[Asia]] e [[Europa]], aprendendo a dominar o seu contorno pola primeira vez, creando posibelmente os rudimentos da linguaxe.
 
Hai dúbidas sobre se foi capaz de controlar o [[lume]]. A evidencia máis antiga de control do lume data de hai 300.000 anos no xacemento de [[Terra Amata]] (na costa mediterránea [[Francia|francesa]]) e o sitio semella estar ocupado por ''Homo erectus''. Semella que houbo outros lugares onde tamén houbo control do lume, datados entre 500.000 e 1.5000.000 en Francia, [[China]] e outras áreas, pero dubídase da súa veracidade.