Glosemática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
Reforma e en uso
Xosé (conversa | contribucións)
Ampliación
Liña 1:
A '''Glosemática''' é unha ciencia lingüística fundada por [[Hjemslev]] en [[1935]] que ten como obxecto a lingua considerada como un [[texto]] infinito que presenta unha estrutura que cómpre definir. Pretende descobrir as [[unidade mínima|unidades mínimas]] invariantes concentrándose na lingua considerada como unha unidade fechada en si propia.
 
A glosemática abrangue:
*a [[Cenemática]], que estuda as unidades de [[plano da expresión|expresión]] ou [[cenemascenema]])s e
*a [[Pleremática]], que estuda o [[plano do contido]] ou da significación, e nel os [[plerema]]s).
 
O termo foi acuñado por [[Louis Hjelmslev]] e [[Hans Jørgen Uldall]] como un [[neoloxismo]] que combinaba ''[[glosario]]'' con ''[[matemáticas]]'', queréndoo ligar así coa idea de estudo rigoroso.
 
A glosemática implica unha crítica da [[lingüística]] anterior, á que acusa de ser [[transcendente]], isto é, de fundarse en datos exteriores á propia lingua (históricos, físicos, sociais, literarios, filosóficos ou psicolóxicos). A ciencia proposta pretende ser [[inmanente]], isto é, considerar a lingua como unha unidade fechada. A glosemática procura constantes que non sexas extralingüísticas para poder determinar o que é común a todas as [[lingua natural|linguas humanas]] e o que fai que unha lingua permaneza idéntica a si mesma através das flutuacións. Oponse á concepción [[humanismo|humanista]] da lingüística, para a cal os [[fenómeno]]s dependen do humano e, na lingüística anterior polo menos, só consideraba que se producían unha vez e non podían ser estudados cientificamente.
 
A glosemática é unha forma de [[estruturalismo]] [[abstracto]], moi influída polo [[cientifismo]] e o [[empirismo]]: pretende descobrir o equivalente dos [[átomo]]s que descobriron os físicos. Pretende chegar a unha [[teoría]] xeral aplicábel a todas as [[ciencias humanas]] na que a todo proceso debe corresponder un sistema e na que os resultados deben concordar cos datos da experiencia. A descrición, segundo o que Hjelmslev chama o "principio do empirismo", debe ser (1) sen contradicións, (2) exhaustiva, (3) simple.
 
Os métodos tradicionais son, segundo Hjelmslev, "[[indutivo]]s", ou sexa, van do particular ao xeral, polo que só poden fornecer conceitos válidos para un [[sistema lingüístico]] dado. A glosemática parte do texto, enunciado ou conxunto de enunciados a analizar e o seu obxecto é a estrutura [[inmanente]] da lingua. O texto caracterízase por ser analizábel en unidades menores; unhas son [[signo]]s e teñen unha [[significación]] e outras son [[figuras de expresión]] e carecen de contido propio. A noción de [[función]], definida como unha relación entre dous termos, desempeña un papel importante.
 
A lingua é un sistema de figuras, contrariamente aos sistemas de comunicación construídos a partir de signos non analizábeis (sistemas [[símbolo|simbólicos]], como a sinalización de estrada, sistemas [[xesto|xestuais]] ou [[escrita]]s [[ideográfico|ideográficas]]). O contido e a expresión son solidarios: todo [[enunciado]] debe ter un contido, mesmo se este for falso, incoherente ou inverosímil.
 
O contido e a expresión teñen [[forma]] e [[substancia]]. Polo tanto, pódese analizar a [[forma do contido]] en [[figuras de contido]] ou ''[[plerema]]s'', da mesma maneira que se analiza a expresión en figuras de expresión ou ''[[cenema]]s''. A análise de, por exemplo, o signo ''égua'' é como segue:
* Cenemas: [ɛ]+ [ɡ] + [w] + [a]
* Pleremas: cavalo + [[xénero]] "ela"
 
En consecuencia, aparecen '''variantes''' debido a que as diferenzas [[morfoloxía|morfolóxicas]] non se acompañan de mudanzas na expresión e '''invariantes''', debido a que as diferenzas morfolóxicas acarretan unha mudanza na expresión. Así, en [[galego]] o [[obxecto]] e o [[suxeito]] son ''variantes'', mais en [[latín]] son ''invariantes''.
 
Para a glosemática, todas as linguas teñen o "principio de estrutura" e diferencianse simplemente polo maneira en que se aplica ese principio. Semellanza e diferenza están en relación coa [[forma]], non coa [[substancia]]. A substancia pódese describir através da forma e non através dos [[son]]s e das significacións. Por iso non existe un sistema fonético universal. Para Hjelmslev, o [[fonema]] é unha unidade abstracta independente da [[realización]] ([[fonética]]) na fala. A glosemática pretende construirse sen recorrer a ningunha lingua concreta ou modalidade construtivista e codificar un padrón universal que defina as condicións necesarias e suficientes da lingua.
 
Na glosemática, a lingua é unha estrutura na medida en que:
*Consta dun contido e dunha expresión;
*Consta dun proceso (ou texto) e dun sistema;
*Contido e expresión están ligados un ao outro por medio da [[conmutación]];
*Hai relación determinadas no seo do proceso e no seo do sistema;
*Non hai correspondencia directa entre contido e expresión, sendo os signos divisíbeis en componentes menores.
 
==Ver tamén==
* [[Louis Hjelmslev]]
* [[Lingüística]]
* [[Semántica]]
* [[Lóxica formal]]
* [[Fonoloxía]]
 
==Vínculos externos==
* [http://mails.fju.edu.tw/~phono/cope.htm Louis Hjelmslev] (en inglés)
* [http://beaugrande.bizland.com/TEXTPRODTWO.htm Estruturalismo e Lingüística] (en inglés)
* [http://www.glossematica.net/Links/linkse.htm Glosemática] (en inglés)
 
[[category:Lingüística]]
 
{{enuso}}
[[en:Glossematics]]