Sofista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
Liña 9:
Esta doutrina sofística pode ser expresada pola máxima de [[Protágoras de Abdera]]: ''O home é a medida de todas as cousas''. Tal máxima expresa o sentido de que non é o ser humano quen ten que acomodarse a patróns externos, que sexan impostos por algo que non sexa o propio ser humano, senón que é o propio ser humano quen debe acomodarse segundo a súa [[liberdade]].
 
Outro sofista famoso foi [[Gorxias de LeontinosLeontini]], que afirmaba que o 'ser' non existía. Segundo Gorxias, mesmo que se admitise que o 'ser' existise, é imposible captalo. Aínda que iso fose posible, non sería posible enuncialo de modo verdadeiro e, polo tanto, sería sempre imposible calquera coñecemento sobre o 'ser'.
 
A experiencia acumulada polos Sofistas nas súas viaxes ao longo da [[Grecia antiga]] e de boa parte do [[Mediterráneo]], axudoulles a comprender que as leis variaban moito entre uns sitios e outros, e que as constitucións das distintas [[Cidade|polis]], lonxe de ser un agasallo dos [[Mitoloxía grega|deuses]] ou da [[Natureza]], eran froito do acordo entre os [[Cidadanía|cidadáns]] para intentar construír e asegurar unhas [[Norma|normas]] de convivencia [[Paz|pacífica]] entre eles.