Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
Lansbricae (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
Na nave da Igrexa de San Martiño de Sobrán do século XII e máis no cemiterio,
apareceron "sartegos " antropoides e moedas dos reis visigodos Égica e Witiza, achados que puidera ser descubertos cando se acometeu unhas obras, tanto no cemiterio como no adro no ano 1874 estando de crego Vicente María Tettamanzi, rematando estas obras no ano 1880. Estas obras do cemiterio houbo que replantar a parte que está diante da fachada principal da Igrexa, construíndo unha fermosa escaleira de perpiaño que dá entrada ao adro do camposanto. A obra tiña unha razón de ser, xa que por estas datas o camposanto atopábase ao descuberto e os nenos que pasaban para a escola sempre estaban a xogar dentro do mesmo e algunhas persoas pasaban por el para atallar camiño. Tamén fixo construír unha parede que separaba o adro da rúa e outro que deslindaba o camposanto co adro e tivo a necesidade de facer outra parede pola parte do nacente pechando completamente o cemiterio. Todas estas paredes deron lugar a outros departamentos e locais separados, un deles quedara como adro principal embelecido con árbores e outro atópase ao carón do ábside da Igrexa. A desigualdade do terreo deu lugar á necesidade de erguer a terra pola entrada, así como desmontar rebaixando todo o terreo da parte superior. Este traballo non foi moi doado, ao mesmo tempo moi custoso naquelas épocas, sacándose unha morea de carros de terra e rochas que houbo que rachar para da-lo fondo indispensable e poder abrir sepulturas. Ademais das devanditas obras, construíronse paredes exteriores para pechar unha pequena praza que se atopaba por diante dunha escola de nenos. Como anteriormente dixen, coido que os devanditos achados tiveran lugar nestas obras por mor de que o Crego Tettamanzi era unha persoa dun alto nivel cultural e de unha perspectiva social progresista. Esta remodelación que fixera este crego aínda perdura hoxendia, con algún e outro troco no percorrer dos anos, a fasquía é a mesma.
Na obra “Legado Histórico de Fermín Bouza-Brey” de Marcelino Abuín, comenta dos indicios da presenza sueva onde aparecen algunhas novas de achados arqueolóxicos nesta freguesía de San Martiño de Sobrán, novas recollidas no xornal “El Porvenir “ de Santiago de Compostela no ano 1876. Marcelino expón o contido destes achados no seu libro: “ No adro cemiterio da igrexa parroquial, a máis de dous metros de profundidade.....descubriuse casualmente ao abri-los cimentos para construír unha capela unida ao hastial do norte, un antigo cemiterio.
Sete foron polo menos as sepulturas descubertas só na profunda gabia aberta para a devandita obra e, ademais, indicios das moitas que existiron primitivamente naquel chan.
Na súa maior parte compoñíanse de grandes lastras de máis de tres metros de alto, que formaban a maneira dunha caixa máis ancha na cabeceira ca nos pés e cun fondo que estaba revestido de grandes ladrillos e nalgunhas tamén de baldosas. Había algunhas que tiñan as paredes laterais formadas de ladrillos un unha atopábase escavada na roca ata a terceira parte da súa altura.