Donoussa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m {{links internos}}
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{links internos}}
[[Imaxe:GR_Donousa.PNG|250px|right]]
Dhenoúsa (tamén Donoussa ou Donousa) é unha illa das [[Cícladas]], próxima a [[Naxos]]. Atópase ao leste de [[Amorgos]] e ao leste de Naxos. Ten unha superficie de 13 km2km² e soamente 110 habitantes. A altura máxima da illa a ancanzaalcanza o Papas, de 383 metros.
 
Hai cinco pequenos núcleos residenciais na illa: [[Stavros]] ao suroeste, porto principal e capital; [[Kaloritissa]], ao nordeste; [[Mersini]] ao sueste; [[Mesaria]] ao sur, afastada da costa, na estrada entre Mersini e Stavros; e [[Troulos]] (Limni). A illa posúe algunhas boas praias especialmente Limni, ao oeste, e en Livadi, Kerdos (ou Kedros) e Fiikio, ao sur.
 
Ao noroeste hai algunhas covas como Toihos (Spilia Toixou) con restos de establecementos xeométricos antigos da cultura cicládica, próxima á punta Aspos Kavos (Aspron) e ao oeste da bahía de Xilombatis (a máis grande da illa). En xeral a illa está chea de covas.
 
A punta nordeste denomínase Fanari, a sur Glaros, e a punta este chámase Okospilia. Hai tres igrexas: Timio Stavros (Santa Cruz) e Panagias (Virxe María) na capital, e Agios Ioannis (San Juan). As illas principais da proximidade son o grupo de [[Melantioi]], [[Skoulonisi]] e [[Moshonas]] (ao leste) i as illas [[Makares]], con [[Megalo Nisi]], [[Agios Paraskevi]] ie [[Stroggili]] ao oeste.
 
Os romanos chamárona Donoussa e antes Donusa ou Donysa. O seu nome deriva de ser, de acordo á lenda (mencionada por [[Esteban de Bizancio]]), a illa onde [[Dionisos]] levou a Ariadna desde Naxos quando era perseguida polo seu pai Minos, aínda que seguramente é unha confusión polo nome da illa co deus Dionisos.
 
Baixo os romanos foi lugar de desterramiento. Ao longo da historia foi utilizada como base de piratas (atopouse unha inscrición árabe nunha pedra) pero nunca sufriu unha ocupación permanente, nin tan sequera dos turcos, italianos ou alemáns. Quando foi evacuada polos turcos non foi ocupada polas autoridades gregas senón que se estableceu xente que viña de Amorgos baixo a autoridade do monaserio de Hozoviotissa de Amorgos; o mosteiro deixou as terras aos campesiños a cambio dun censo en produtos da terra, pero máis tarde as terras pasaron aos seus cultivadores.