Diferenzas entre revisións de «Nazgûl»

Os nove Nazgûl xurdiron como os servos máis poderosos de Sauron na [[Segunda Idade do Sol|Segunda Idade]] da Terra Media. Dise que tres dos Nove foran orixinalmente "grandes señores" de [[Númenor]]. Todos foran [[Home (Terra Media)|Home]]s mortais, a cada un dos cales Sauron dera un dos [[Aneis de Poder]] forzados para os Homes. O propósito de Sauron era controlar os Nove Aneis mediante o poder do seu Anel Único, forxado en segredo a tal fin. Isto acabaría sendo a súa perdición:
 
<blockquote>'' "Aqueles que usaron os Nove Aneis tornáronse poderosos no seu tempo, reis, feiticeiros e guerreiros de antano. Obtiveron gloria e grandes riquezas, mais resultou na súa ruína. TiñanGozaban, segundo semellaba, unhada vida eterna, e porén a vida facíaselles insoportábel. Podían, de o desexaren, camiñar sen ser vistos por ningún ollo baixo o sol, e podían ver cousas en mundos invisíbeis para os homes mortais; mais demasiado a miúdo contemplaban só as pantasmas e ilusións de Sauron. E un a un, antes ou despois, dependendo da súa forza innata e da bondade ou maldade das súas vontades no inicio, caeron baixo a escravitude do anel que portaban e da dominación do Único que era o de Sauron. E tornáronse para sempre invisíbeis agás para el, que levaba o Anel Dominante, e adentráronse na esfera das sombras. Eran os Nazgûl, os Espectros do Anel, os servos máis terríbeis do Inimigo; a escuridade acompañábaos, e os seus berros eran as voces da morte" ''
(''[[O Silmarillion]]: "Dos Aneis de Poder e a Terceira Idade"'', 346).</blockquote>
 
3.209

edicións