Xeografía da Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Iniciais dos modelos en maiusculas
Sen resumo de edición
Liña 9:
Ao sul da Grecia continental atopase a '''península do [[Peloponeso]]''', cuxa forma comparouse coa dunha folla de parra, e que presenta unha fragmentación máis acusada se cabe e unhas costas máis recortadas que no resto do pais. Xunguida á [[Ática]] polo [[estreito de Corinto]], de só 6 Km de anchura, entre as profundas escotaduras dos [[golfo de Corinto|golfos de Corinto]] e Sarónico, é moi montañosa, de terra pobre, con só unhas poucas franxas fértiles na súa periferia, nas rexións de [[Acaia]], [[Élida]], [[Mesenia]], [[Laconia]] e [[Argólida]]. No seu interior alcanzase notables altitudes,como o monte Taigeto (2400 m) , perto de Esparta.O clima na costa segue a ser o mediterráneo húmido.
 
A '''Grecia insular''' poderíase dividir nas illas de maior extensión, situadas a norte e sul do Mar Exeo, e tamén frente ás costas da Grecia continental e da [[Anatolia]] e os grupos de illas menores, distribuídas nos [[arquipélago]]s das [[Cícladas]] e as [[Espóradas]], que forman un arco entre aquelas e a illa de [[Rodas]]. As máis principais das illas gregas no Mar Exeo, e de norte a sul, son: [[Thasos]], [[Samotracia]], [[Imbros]], [[Lemnos]], [[LesboLesbos]]s, [[Ikos]], [[Sciros]] e [[Quíos]]. A máis extensa é a de [[Eubea]], xunto das costas da [[Beocia]] e da [[Ática]]. Fronte da Ática atópanse as illas de [[Salamina]] e [[Exina]]. Do arquipélago das Cícladas forman parte, entre as principais, [[Andros]], [[Tenos]], [[Keos]], [[Paros]], [[Naxos]], [[Melos]], [[Íos]] , [[Amorgos]], [[Astipalea]] e [[Thera]]. As Esporadas están formadas por [[Samos]], [[Icaria]], [[Calimna]] e [[Cos]]. Deben considerarse aparte as illas de maior tamaño, [[Creta]], [[Rodas]] e [[Chipre]]. Entre o [[Peloponeso]] e Creta está [[Citerea]] e entre Creta e Rodas están as illas de [[Cárpatos]] e [[Kasos]].
 
O que se podería chamar a "'''periferia grega'''" componse dunha serie de rexións na bacía do Exeo que estiveron plenamente [[helenismo|helenizadas]] e que viñan a ser coma enclaves en territorios bárbaros. Así, nas costas setentrionais habería diversas cidades gregas, cun territorio máis ou menos extenso, na [[Propóntide]] ([[Mar de Mármara]]) e nas costas da [[Frixia]] e da [[Tracia]]. Nesta última estaba moi helenizada a [[península Cálcidica]]. Nas costas de [[Asia Menor]], fronte á illa de Lesbos deica a Illa de Rodas, poderían considerarse na Antigüidade tan gregas como os territorios a outro lado do Exeo. Eses territorios estaban nucleados arredor das cidades como [[Pérgamo]], [[Elea]], [[Esmirna]], [[Clazomene]], [[Éfeso]], [[Mileto]] ou [[Cnido]] e os seus arredores non diferían moito da Grecia continental, con costas recortadas e clima mediterráneo húmido, aínda que neles desembocarían ríos de certa importancia que viñan da Anatolia como son o [[Escamandro]] e o [[Meandro]].