Skiathos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2008 ás 18:56

SKíathos (grego: Σκιάθος, latín: Sciathus) é unha pequena illa no Mar Exeo, que pertence a Grecia. Situada preto de Skópelos, SKíathos é a illa máis occidental do grupo de illas Espóradas. A parte continental de Grecia, xunto con Magnesia están ao seu oeste. O seu nome remóntase á antigüidade.

En vermello, Skíathos
Mpourtzi en Skíathos.

A illa conta coa cidade de Skíathos e as comunidades de Koukounaries, Kanapitsa, Vromolimnos e Troullos. A cidade de Skíathos é un porto que alberga pequenas embarcacións e os servizos de ferri desde onde conectarse a Skópelos, Volos, Agios Konstantinos e o resto de Grecia.

O concello de Skíathos inclúe as illas de Tsougria e Repio, e ten unha superficie total de 49,898 km². As súas cidades maiores son Skiathos(Town) (4988 hab. en 2001), Xánemos (195), Kalývia (179), Troúllos (159), e Koukounariés (126).

Xeografía

Gran parte da illa está cuberta de bosques. Os arredores das aldeas e a cidade de Skíathos son terras de cultivo. Os bosques son de piñeiros, e atópanse na párte sueste da illa. A illa de Skópelos así como as máis distantes de Eubea e Scyros, son visibles en condicións atmosféricas favorables. A cima da montaña, ao oeste, ten unha torre de comunicacións, e na súa ladeira norte ten varios vales.

Skíathos ten ao redor de 70 praias entre elas unha praia nudista no extremo sur da illa, nun lugar chamado Banana.

O mércores, 11 de xullo de 2007, un incendio provocado nun vertedoiro de lixo preto da praia en Aghia Paraskevi, converteuse nun incendio forestal que se estendeu rapidamente por toda a illa. Foron evacuados todos os residentes e turistas de Aghia Paraskevi.

Transporte

A illa está unida á Grecia continental con rutas marítimas a Tesalónica, Volos e Agios Konstantinos e tamén co resto das Espóradas por medio de hidroplanos da liña Hellenic Seaways. O seu custo aproximado é 12 por persoa a dirección Skopelos e 15 € dirección Alonissos. Tamén hai ferries para vehículos, pero non son regulares fóra da tempada de vacacións.

Existe tamén un aeroporto no nordés da illa, que ten unha das pistas de aterraxe máis curta de Europa: mide só 1.570 m, o que fai as aterraxes arriscadas. Os avións realizan voos curtos antes de aterrar noutro aeródromo próximo (xeralmente en Volus, Kavala ou Tesalónica) para encher, xa que a maioría deles non poden despegar coa cantidade necesaria de combustible para rebaixar o peso debido á cortedade da pista. Hai estradas ao sur, leste e noroeste, pero non as hai asfaltadas na parte central nin setentrional. Só hai unha autovía que une os catro asentamentos da illa.

Personaxes