Conversa:Catalán no Rosellón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Non sabía moi ben como titular o artigo, Catalán en Cataluña Norte podía ser discutido xa que non é unha unidade territorial recoñecida e é un nome relativamente recente. Titula...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de xaneiro de 2008 ás 16:52

Non sabía moi ben como titular o artigo, Catalán en Cataluña Norte podía ser discutido xa que non é unha unidade territorial recoñecida e é un nome relativamente recente. Titulalo catalán nos departamento dos Pireneos Orientais non me convenceu xa que o catalán non se fala en todo o departamento, na Fenolleda fálase occitano e historicamente non forma parte do resto do territorio. Titulalo catalán en Francia non era o obxecto do artigo, xa que entón habería que incluír por exemplo as publicacións dos exiliados cataláns en París ou noutras localidades francesas e eu quería centrar o artigo no territorio histórico de lingua catalá no estado francés. Aínda que o Rosellón fai referencia á comarca máis oriental da zona catalá que pasou a Francia, en galego penso que hai tradición de usar Rosellón para todo o territorio que se integrou en Francia e ademais existía o condado de Rosellón que integraba outras comarcas actualmente francesas de lingua catalá. En fin, se alguén ten un nome máis acaído para o artigo que o expoña.--Alex 16:52, 12 xaneiro 2008 (UTC)

Volver á páxina "Catalán no Rosellón".