Técnica narrativa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de setembro de 2005 ás 18:22

O autor do texto narrativo pode valerse de diversas técnicas para crea-lo relato:

  1. A narración en terceira persoa. Mediante a terceira persoa pódense artellar as seguintes perspectivas narrativas:
    1. A do autor omnisciente: é aquel que ten un coñecemento total de todo o narrado e por narrar, mesmo os sentimentos máis íntimos dos personaxes. Coñece os acontecementos exteriores e os sentimentos máis íntimos dos personaxes. O narrador é extradiexético.
    2. Técnica 'behaviorista' ou do 'campo limitado'. Ignóranse os datos do acontecer, quedando o autor, por conseguinte, como mero observador da acción. Esta técnica difire pouco dunha reportaxe. O narrador é extradiexético.
    3. Pode ocorrer que o autor se oculte na voz dun personaxe, que asume o papel de narrador-testemuña. O narrador conta en terceira persoa o que lle acontece a outros) personaxes do relato. O narrador é homodiexético
    4. Enfoque narrativo múltiple. Comunícase a acción desde os puntos de vista narrativos de varios personaxes.
  2. A narración en primeira persoa
    1. Narrador protagonista homodiexético.
  3. A narración en segunda persoa: É menos frecuente cás anteriores e é habitual que se combine con outras técnicas narrativas sen se aplicar a unha obra completa.


Véxase

______________________________________________________________________