Labrada, Abadín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
modelo parroquia e algo de formato
Sen resumo de edición
Liña 33:
Os documentos máis antigos nos que aparece a parroquia refirense o [[1407]] cando o bispo de [[Mondoñedo]], [[Álvarez Núñez de Isorna]], arrendou a Nuño Freire varios coutos da sua xurisdición, entre eles Labrada.
==Patrimonio histórico e artístico==
* '''Igrexa Parroquial de San Pedro de Labrada''', situada na aldea dedo Barral esta feita sobre un terreo sumamente crebado e montañoso no que, a finais do [[século XII]], o bispo de Mondoñedo fundou a parroquia. Conserva algún elemento [[arquitectura románica|románico]]. De nave rectangular, con capela maior cadrada de maior altura e sancristía adosada na cabeceira. Cuberta de tella a dúas augas na nave e a catro no presbiterio. A fachada, do [[século XVIII]], é de fábrica de perpiaños graníticos, con porta de [[arco (arquitectura)|arco adintelado]], pequena xanela, espadaña de dous corpos e tres vanos rematada en frontón e puntas de diamante, a que se sube pola escaleira lateral adosada o muro esquerdo. Os muros laterais son a parte máis antiga do edificio, e teñen quenllas sen debuxo, asi como unha porta de arco de medio punto con seis grandes dovelas no muro esquerdo, e o seu caron un escudo gótico con cruz. A inscrición no exterior da capela maior data do [[1852]]. E no interior conten imáxes de talla moderna.
===Cruceiros===
* No Barral, hai situados dous [[cruceiro]]s: o primeiro, realizado en granito e de pequenas dimensións. Cruz cunha figura arcaizante de [[Cristo]], a cuxos pes podemos vela escultura dunha cabeza; sen capitel, apoiase directamente sobre unha base tronco-piramidal e non ten inscrición.