Dúas Árbores de Valinor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 31:
As Dúas Árbores de Valinor existiron nunha época na que a única outra fonte de luz eran as estrelas (creadas por [[Varda]] para os Elfos a partir do orballo recollido das Dúas Árbores). Cando se convidou a tres embaixadores dos Elfos para que visen Valinor cos seus propios ollos, seica as Árbores tiveron un significativo efecto sobre eles.
 
En concreto, disque [[Thingol]] induciu os Elfos a realizar a [[Grande Viaxe]] polo seu desexo de volver ver a Luz de Valinor (desexo satisfeito pola luz que viu no rostro de [[Melian]]). No futuro os Elfos dividiríanse nos ''[[Calaquendi]]'', que contemplaran a luz das Árbores, e os ''[[Moriquendi]]'', que non; aos primeiros descríbeselles como claramente superiores en moitos aspectos.
 
Toda a historia da [[Primeira Idade do Sol|Primeira Idade]] vese intensamente afectada polo devezo de moitos personaxes de posuír os [[Silmarils]], que albergaban o que restaba da luz sen mácula das Árbores.
 
Na [[Segunda Idade do Sol|Segunda]] e [[Terceira Idade do Sol|Terceira]] Idades, as Árbores Brancas de Númenor e Gondor, cuxo aspecto asemellábase ao de Telperion, tiveron un significado máis ben simbólico, como emblemas de cadanseu reino, e como lembranza da ancestral alianza entre os [[Dúnedain]] e os Elfos. EstaNo relaciónentanto, poderíaesta relación serquizais aíndafose máis profunda, xa que a destrución de cada unha das árbores precedeprecedeu inevitabelmente a dificultades para ese reino, dando a entender que existía un vencello místico aínda máis forte.
 
== Significado Externo ==