Dúas Árbores de Valinor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 41:
As Árbores son unha manifestación do axis mundi, un elemento mitolóxico habitual que conecta o ceo e a terra, levando a esta última a orde e o resplandor do divino (neste caso, [[Ilúvatar]] sería o divino, e a Terra Media a terra). O axis mundi é un compás que fornece ao resto do mundo orde, equilibrio e dirección. O seu deterioro ou destrución provocará o caos.
 
Aínda que existe un axis mundi en case que toda a mitoloxía literaria, se cadra as Dúas Árbores evocan de maneira especial a árbore de [[Yggdrasil]] da mitoloxía nórdica. En ambos os casos as árbores son conceptos cósmicos, xa que a esencia das árbores é o que dará lugar máis adiante á Lúa e ao Sol. Outra evocación é a dosdas dúas árbores máis importantes do [[Xardín do Edén]], a [[Árbore da Vida]] e a [[Árbore da Sabedoría do Ben e do Mal|Árbore da Sabedoría]], que en ambas as historias son fonte de orientación e vida, e un vínculo coa divinidade.
 
O concepto da luz está cheo de simbolismo. Como [[Catolicismo|católico romano]] que era, [[J. R. R. Tolkien|Tolkien]], estaría familiarizado co significado da luz no [[simbolismo cristián]]. As árbores en xeral tiñan unha especial importancia para Tolkien: no seu relato curto "[[Leaf by Niggle]]", que en certo sentido é unha elaborada [[alegoría]] que explica o seu propio proceso cretivo, o protagonista Niggle, pasa toda a vida a pintar unha única árbore.
 
As Árbores constitúen unha das moitas menciónsalusións ao concepto de 'ouro e prata', recorrente nona lendarioobra de Tolkien. Foran creadas a partir das Lámpadas [[Ormal]] e [[Illuin]], e das propias Árbores nacerían despois o Sol e a Lúa.
 
== Outros nomes ==