Dúas Árbores de Valinor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 17:
== Sucesores de Telperion ==
 
Como os primeiros [[Elfo]]s que chegaron a Valinor amaban de maneira especial a Telperion, Yavanna creou unha segunda árbore coma el para que se erguese na cidade de [[Tirion]], na que os [[Vanyar]] e os [[Noldor]] cohabitaban nun principio. Esta árbore, chamada Galathilion, era idéntica a Telperion agás polo feito de non emitir luz propia. Deu lugar a moitos rebentos, un dos cales recibiu o nome de [[Celeborn]], e foi plantado na illa de [[Tol Eressëa]].
 
Na [[Segunda Idade do Sol|Segunda Idade]] entregouse un dos rebentos de Celeborn aos [[Númenor|Númenorianos]] como obsequio; tratábase de [[Nimloth]], a Árbore Branca de Númenor. Viviu durante case toda a existencia do reino, mais cando [[Sauron]] tomou o control da illa, fixo que o rei [[Ar-Pharazôn]] a tallase.