Dúas Árbores de Valinor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Creación e destrución ==
As primeiras fontes de luz de [[Arda]] foran dúas enormes [[As Dúas Lámpadas|Lámpadas]], Illuin, a de prata no norte, e Ormal, a de ouro no sur. Ambas foron derrubadas e destruídas por [[Melkor]]. Despois os Valar marcharon para [[Valinor]], onde [[Yavanna]] creou co seu canto a Telperion e Laurelin. A Telperion atribuíaselle xénero masculino e a Laurelin feminino. Estaban ubicadas no outeiro [[Ezellohar]], noás alfozportas de [[Valimar]], e medradron na presenza de todos os Valar, regadas polas bágoas de [[Nienna]].
 
Cada árbore era unha fonte de luz: prateada a de Telperion e dourada a de Laurelin. Telperion tiña follas escuras (prateadas por un lado) e o seu arxénteo orballo era recollido como fonte de auga e luz. Laurelin tiña follas pálidas adornadas de ouro, e o seu orballo era asimesmo recollido por [[Varda]].
Liña 9:
Un "día" duraba doce horas. Cada Árbore, á súa vez, emitía luz durante sete horas (crecendo até o seu brillo máximo para despois volver minguar devagar), polo que durante unha hora de cada "amencer-anoitecer" emitíanse ao mesmo tempo luz dourada e luz prateada.
 
O celoso [[Melkor]] recrutou a axuda da xigantesca criatura arácnida [[Ungoliant]] (a primeira das grandes arañas e devanceira de [[Elaraña]]) para destruír as Dúas Árbores. Oculto nunha nube de escuridade, Melkor cravou en cada Árbore a súa lanza, e a insaciábel Ungoliant devorou toda a vida e a luz que aínda contiñan.
 
Unha vez máis, [[Yavanna]] cantou e [[Nienna]] chorou, mais só conseguiron revivir a derradeira flor de Telperion (que se convertería na Lúa) e o derradeiro froito de Laurelin (que se convertería no Sol). Estes foron confiados respectivamente aos [[Maiar|espíritos menores]] [[Tilion]], masculino, e [[Arien]], feminino, coincidindo cos "xéneros" das propias Árbores. Este é o motivo polo cal n'[[O Señor dos Aneis]] se adoita facer referencia ao Sol como "ela" e á Lúa como "el".