Dúas Árbores de Valinor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 31:
As Dúas Árbores de Valinor existiron nunha época na que a única outra fonte de luz eran as estrelas (creadas por [[Varda]] para os Elfos a partir do orballo recollido das Dúas Árbores). Cando se convidou a tres embaixadores dos Elfos para que visen Valinor cos seus propios ollos, semella que as Árbores tiveron un significativo efecto sobre eles.
 
En concreto, dise que [[Thingol]] induciu áos Elfos a realizar a [[Grande Viaxe]] debido aopolo seu desexo de volver ver a Luz de Valinor (até que achou satisfacción na luz que viu no rostro de [[Melian]]). No futuro os Elfos dividiríanse nos ''[[Calaquendi]]'', que contemplaran a luz das Árbores, e os ''[[Moriquendi]]'', que non; aos primeiros descríbeselles como claramente superiores en moitos aspectos.
 
Toda a historia da [[Primeira Idade do Sol|Primeira Idade]] vese intensamente afectada polo desexo de moitos personaxes de posuír os [[Silmarils]], que albergan o que resta da luz sen mácula das Árbores.