Nivel medio do mar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: oc:Nivèl de la mar
Zanaer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Imaxe:Geoids sm.xpg|thumb|300px|Variación do nivel medio do mar en función do [[campo gravitatorio]] da Terra (imaxe da GRACE - Gravity Recovery And Climate Experiment – da [[NASA]]).]]
 
'''Nivel medio do mar''' (por veces abreviado para '''nivel do mar''') é a [[altitude]] media da superficie do [[mar]] medida en relación a unha superficie [[Terra (planeta)|terrestre]] de referencia. O nivel medio do mar é porá suasúa vez utilizado como punto de referencia a partir do cal se miden as [[altitude]]s dos accidentes [[topografía|topográficos]] e se marcan as [[curva de nivel|curvas de nivel]] e as altitudes nos mapas e cartas mariñas. Un concepto relacionado é o de [[cero hidrográfico]], en xeral utilizado en hidrografía costeira e na medición de profundidades de portos e barras. Na maior parte dos casos faise coincidercoincidir o cero hidrográfico co nivel medio do mar ou ten con el unha relación simple e constante.
==Definición do nivel de referencia==
Ainda que pareza unha questión de resolución simple, a determinación da superficie de referencia a partir da cal determinar o nivel medio do mar oferece grande complexidade: por un lado o nivel do mar non é de todo constante, variando constantemente en función da [[ondulación]], das [[maré]]s, da [[presión atmosférica]], temperatura das augas do mar e de múltiplos outros factores cíclicos que sobre el actuan con períodos que varian de segundos a varios anos.