Ramón Sampedro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Naceu o 5 de [[xaneiro]] no [[Porto do Son]]. Con 19 anos enrólase na mariña mercante co obxectivo de coñecer mundo. Aos 25 anos, un accidente déixao [[tetraplexia|tetrapléxico]], e sen poderse mover de pescozo para abaixo. Á volta, decidido a morrer, emprende unha loita legal polo dereito a exercer a eutanasia, para o que precisaba asistencia, e que non fora lesivo legalmente para a persoa ou persoas que o axudaran. Esta loita legal non deu os froitos agardados, malia a repercusión mediática do caso, pois chegou tanto á xustiza española como a unha comisión europea en [[Estrasburgo]]. O seu caso tivo un seguimento tal que apareceu nos xornais de todo o mundo.
 
Escribiu dous libros: ''Cartas desde el infierno'' (1996) onde agrupou os seus escritos ata ese momento e, xa postumamente, o poemario ''Cando eu caia'' (1998). Nese preciso ano do 1998 decide levar a cabo un plano para acabar coa súa vida. Faleceu o [[12 de xaneiro]] do [[1998]], envenenadoenvelenado probabelmente coa axuda da súa amiga Ramona Maneiro.
 
No [[2004]], [[Alejandro Amenábar]] levou as súas vicisitudes ao cine con ''[[Mar adentro]]'', que recibiu infinidade de premios, entre os que destace un [[Óscar]] á mellor película estranxeira.