Monóxido de carbono: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: ro:Monoxid de carbon
Zanaer (conversa | contribucións)
m cambios léxico
Liña 73:
|}
 
O '''monóxido de carbono''', cuxa fórmula química é '''[[Carbono|C]][[Osíxeno|O]]''', é un [[gas]] inodoro, incoloro, inflamable e altamente [[tóxico]]. Pode causar a [[morte]] cando se respira en niveis elevados. Prodúcese ó queimar materiais combustibles como gas, [[gasolina]], [[kerosinaqueroseno]], [[carbón]], [[petróleo]], [[tabaco]] ou [[madeira]]. As chemineas, as cadeiras, os quentadores de auga e os aparatos domésticos que queiman combustible, como as estufas ou fogóns da cociña ou os quentadores a kerosinaqueroseno, tamén poden producilo se non están funcionando ben. Os vehículos detidos co motor acendido tamén o despiden.
 
Se se respira en niveis elevados, o monóxido de carbono pode causar a morte por envelenamento en poucos minutos porque substitúe ó [[osíxeno]] nos [[eritrocito]]s do [[sangue]]. Cada ano un gran número de persoas perde a vida accidentalmente debido ó envelenamento con este gas. As mulleres embarazadas e os seus meniños, os nenos pequenos, as persoas maiores e as que sofren de [[anemia]], problemas do [[corazón]] ou respiratorios poden ser moito máis sensibles ó monóxido de carbono.