Diferenzas entre revisións de «Nazgûl»

En 3017, preto do comezo da historia que se conta n'''[[O Señor dos Aneis]]'', após ter ouvido novas acerca do Anel Único, Sauron ordenou aos Espectros do Anel que llo arrebatasen a "Bilbo da Comarca". Disfrazados como xinetes ataviados de negro, procuraron a [[Bilbo Bulseiro]], que, tal e como revelara [[Gollum]], tiña o Anel Único no seu poder. Foi ao redor de 3018 cando os "Nove Camiñantes" da [[Irmandade do Anel]] foron elixidos como homólogos dos "Nove ''Xinetes''".
 
Os Nazgûl cabalgaban sobre cabalos negros especialmente criados en Mordor para resistir ao terror. Para entón, descubriran que o Anel estaba en poder do herdeiro de Bilbo, [[Frodo Bulseiro|Frodo]]. Atopárono xunto coa súa compañía no [[Cumio do Vento]], onde o Rei Bruxo cravoulle unha folla de Morgul no brazo e crebouna, deixando un anaco da arma dentro da carne do hobbit. Cando foron arrastrados polas augas do río [[Bruinen]], os seus cabalos afogaron, e os Espectros do Anel víronse obrigados a regresar a Mordor para se reagrupar. Volveron aparecer máis adiante montados en [[besta cruel|bestas crueis]], e desde ese momento aludiuse a eles como '''Nazgûl Alados'''.
 
O propio Rei Bruxo achou a morte a mans de [[Éowyn]] e [[Meriadoc Brandigamo|Merri]] (alcumado o Magnífico de alí en diante), durante a [[Batalla dos Campos de Pelennor]]: a puñalada que lle asestou Merri, cunha [[folla das Lombas das Antas]] dotada dun poderoso meigallo, fixo caer de xeonllos ao Capitán Negro, permitindo que [[Éowyn]], sobriña de [[Théoden]], lle propinase unha estocada entre a coroa e o manto.
3.209

edicións