Eulogio Gómez Franqueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
 
==Carreira empresarial==
Como empresario iniciouse tamén en Castrelo de Miño, onde montou unha cooperativa de reparto de produtos. En [[1959]], Gómez Franqueira foi nomeado xerente da [[Unión Territorial de Cooperativas Ourensás]] (UTECO) e impulsou as Cooperativas Ourensás (COREN), nacidas en [[1961]] como produto da cesión do capital américano inicial a máns fortemente vinculadas coa estrutura de poder da provincia. Na asunciónfundación da empresa, que tivo ao comezo unicamente unha vintena de socios e unha achega de capital tecnolóxico estadounidense ([[Swift]]), puxo todo o seu esforzo, e dela obtivo os maiores rendementos económicos e tamén políticos. O seu obxectivo era abrir as actividades destas cooperativas para que entre todas puidese controlar o proceso produtivo completo, dende a obtención de [[materia prima|materias primas]] até a comercialización dos produtos finais.
 
En [[1962]] participou na creación da [[Caixa Rural de Ourense]], que naceu fundamentalmente co obxectivo de dotar de financiamento todo o proxecto cooperativista.