Cristalino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
engado referencias
Hugo22 (conversa | contribucións)
engado información da wiki castelá
Liña 25:
 
No [[feto]], a forma do cristalino é aproximadamente esférica e é máis brando que no estado adulto. Neste período, o seu desenvolvemento é apoiado pola [[arteria hialoidea]], unha póla da [[arteria oftálmica]] que atravesa o humor vítreo, estendéndose dende o [[disco óptico]] ata o cristalino. Esta arteria adoita involucionar no noveno mes de embarazo; os restos da mesma forman a [[canle de Cloquet]].
 
== Historia ==
Ata a chegada da [[Alexandría|época alexandrina]], o coñecemento do cristalino era moi deficiente. Mostra diso é que os [[Grecia|gregos]] non adoptaron un vocablo para referirse a esta parte do ollo ata a chegada da devandita etapa. Unha consideración moi estendida naquela época era a de que o cristalino era líquido, solidificándose unicamente como consecuencia dalgunha enfermidade ou como resultado da disección. Así, existe unha vaga alusión do pioneiro da medicina moderna, [[Hipócrates]], a un compoñente do fluído do ollo que "cando se arrefría, vólvese sólido". Especúlase con que esta sexa a primeira referencia escrita sobre o cristalino.
 
O traballo dos anatomistas gregos de [[Alexandría]] quedou presumiblemente recollido na obra ''De Medicina'', do enciclopedista romano [[Aulo Cornelio Celso]] (25 adC-50 dC). Nesta obra recollíase unha crenza que predominaría ata a [[Idade Moderna]]: a de que o cristalino era o órgano no que se orixinaba a percepción visual. Xogaría así o papel que na actualidade adxudícase á [[retina]]. Tamén cometeu o erro de situar o cristalino no centro do [[globo ocular]], erro no que tamén incorrerían outros autores.
 
[[imaxe: Kepler_Optica.jpg|right|thumb|200px|Ilustración da obra de Kepler ''Astronomiae Pars Optica'', con diversas representacións do ollo humano. En particular, a figura da esquina superior esquerda mostra o esquema do ollo realizado por Félix Platter]]
 
No [[século II ]] destaca o médico grego [[Galeno]], cuxa obra influíu de xeito determinante sobre a medicina [[Europa|europea]] durante máis dun milenio. Algúns anos antes, o anatomista [[Rufo de Éfeso]] situara o cristalino na súa localización correcta, próximo á [[pupila]]. Pola súa banda, Galeno sostivo, de novo, que o cristalino era o órgano principal do sentido da vista no interior do ollo, servindo ás demais partes do globo ocular como apoio para o seu funcionamento. Para sustentar a súa afirmación, argumentou que a presenza dunha [[cataratas|catarata]] podía provocar [[cegueira]]. Galeno tamén decatouse de que a curvatura da superficie anterior era inferior á da posterior<ref>Frank J. Lovicu, Michael L. Robinson. ''Development of the Ocular Lens''. Páxinas 3 á 14. </ref>
 
Logo de Galeno, practicamente non houbo avances en canto ao coñecemento do cristalino ata a Idade Moderna. O anatomista [[Félix Platter]] (1536-1614), que influiría sobre os estudos da Óptica ocular de [[Johannes Kepler|Kepler]], sinalou á retina como o punto de partida da percepción, relegando ao cristalino a un papel óptico. Outro astrónomo que apoiou as ideas de Platter foi [[Christoph Scheiner|Scheiner]], que tamén presentou a primeira representación do ollo anatomicamente correcta, co cristalino e o nervio óptico nas súas localizacións reais<ref>Wade. ''Image, eye, and retina (invited review)'' </ref>.
 
Os estudos en [[Bioloxía]] experimentaron un importante pulo no [[século XVII]] grazas á invención do [[microscopio]]. Por exemplo, o científico [[Países Baixos|neerlandés]] [[Anton van Leeuwenhoek]], coñecido polas melloras que introduciu neste instrumento, empregouno para examinar as diferentes partes do ollo, descubrindo a existencia de fibras no cristalino.
 
==Referencias==
<div style="font-size:.8em">