Adozante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Formateando 'Imaxe'
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxiños de formato
Liña 1:
[[Imaxe:Adozantes.jpg|right|200px|thumb|Adozantes]]
Un '''adozante''' ou '''edulcorante''' é unha substancia que se emprega para proporcionar un sabor [[doce]] ós alimentos. O máis empregado de todos é a [[sacarosa]] (o [[azucre]] común). Outros edulcorantes, son a [[sacarina]], [[aspartamo]], [[ciclamato]], [[sorbitol]], [[taumatina]] . . ., de natureza química moi diversa e que en moitos casos pouco ten que ver coa da sacarosa, o prototipo dos azucres naturais. As moléculas dotadas de poder adozante son moi numerosas.
 
== Clasificación ==
Liña 26:
Hai estudios que demostran que os edulcorantes sintéticos, por enriba de determinadas doses, son nocivos para a saúde, pero non debemos esquecer que os edulcorantes naturais, por enriba de determinadas doses tamén son nocivos, tendo a glicosa e a sacarosa especial incidencia na [[diabetes]]. O ideal sería prescindir do sabor doce que proporcionan os edulcorante e consumir produtos integrais.
 
Los edulcorantes son uns aditivos que suscitan polémica en torno ós eu emprego e posibles consecuencias para a saúde. O principal problema é determinar a dose que garante que non vai a producir ningún efecto pernicioso. Problema difícil de resolver, pois ademais de dar coa cantidade adecuada tense que considerar a cantidade total de edulcorantes que unha persoa pode tomar a través dos diferentes alimentos que compoñen a súa dieta.
 
Convén ler a composición dos edulcorantes que están no mercado, que case sempre son mesturas de varios produtos, para saber o que estamos tomando.
Liña 56:
==Tipos de Edulcorantes==
*[[Sacarosa]].
É o compoñente do azucre de mesa, (100% de sacarosa), obtense da [[remolacha]] (que contén un 15%) ou da [[cana de azucre]] (20% de contido en sacarosa) e encóntrase de forma natural na maior parte das froitas. O azucre é o edulcorante natural por excelencia. O azucre (sacarosa) utilizase como patrón para comparar o poder edulcorante das outras sustancias. Pode considerarse constituída pola unión dunha molécula de glicosa e outra de frutosa.
 
*[[Glicosa]].
É un monosacárido característico. Está presenta na constitución da [[sacarosa]] ou azucre común e constitúe o alimento fundamental das [[célula|células]]s.
 
*[[Frutosa]].
Liña 73:
Dependendo da concentración da disolución o poder edulcorante do aspartamo é de 100 a 200 veces o da sacarosa. O consumo de alimentos que conteñen aspartamo deixa na boca un sabor doce permanente, a diferenza doutros edulcorantes que deixan un regusto amargo.
 
O aspartamo descomponse en medio acuoso e quente, dando metanol y dicetopiperazina. Perde sabor doce cando se somete a temperaturas superiores a 30º C, ou máis baixas de forma prolongada. A inestabilidade ó calor non permite o seu emprego en produtos que necesitan cocción.
 
Empregase en: refrescos, zumes, cereais de almorzo, como edulcorante de mesa, chicles, lácteos, marmeladas, bebidas quentes de chocolate, multivitaminas e en produtos farmacéuticos.
 
É unha fonte importante de fenilalanina. A fenilalanina é unha substancia inocua salvo en persoas que padecen fenilcetonuria; unha enfermidade conxénita na que se acumulan cantidades moi altas de fenilalanina no sangue, orixinando retraso mental y outras alteracións importantes na saúde e na calidade de vida. Por este motivo é obrigatorio que no etiquetado apareza unha destas advertencias: "non apto para fenilcetonúricos", ou "contén unha fonte de fenilalanina".
 
Unha culleriña de aspartamo proporciona un sabor doce igual que 200 culleriñas de azucre e aporta 2 kilocalorías. Dado que a cantidade a utilizar sería 200 veces menor que a de azucre, o seu poder calórico resulta insignificante.
Liña 90:
 
*[[Sacarina]] '''E 954'''.
A sacarina foi descuberta de xeito casual en 1879 polo químico alemá Constantin Fahlberg, que estudaba na Universidade Johns Hopkins (EEUU). Descubriu que un derivado do alquitrán presentaba un sabor extremadamente doce. Foi o primeiro edulcorante sen calorías que se descubriu.
Foi recoñecida como segura en 1959 e con posterioridade foi prohibida nalgúns países, como [[Francia]] e [[Canadá]]. En Estados Unidos hai que facer constar nas etiquetas dos produtos que a conteñen que é un aditivo nocivo para a saúde. Demostrouse que nas doses habituais non é tóxica (menos de 2,5 g ó día). A Inxesta Diaria Admisible (I.D.A.) de Sacarina é de 2.4 mm/ kg. Un frasco de sacarina líquida debe durar polo menos un mes. Non está aconsellada en mulleres embarazadas.
É o edulcorante artificial máis utilizado. É de 300 a 500 veces máis doce que oa sacarosa (azucre común).
Liña 99:
Os poliois exhiben o grupo funcional alcohol, -OH, repetidamente. Exemplos dos mesmos son o [[sorbitol]], [[manitol]], [[xilitol]], [[isomaltol]], [[maltitol]], [[lactitol]] e o [[xarope de glicosa]].
Encóntranse en alimentos de maneira natural e obtéñense industrialmente por hidroxenación do amidón ou da sacarosa.
Aínda que o seu poder enerxético coincide coa da sacarosa a súa baixa dixestibilidade fai que o poder calórico real sexa menor.
Non provocan caries e modifican pouco os índices de glicosa e de insulina en sangue.
Consumidos en grandes cantidades, máis de 30-50 por día segundo tipo, poden acosionar flatulencia e diarrea. O uso que se fai de azucres-alcohois en moitos alimentos pode facer que a cantidade total consumida dos mesmos rebase a cantidade tolerada polo organismo.
Liña 116:
Poliol de poder edulcorante igual ó da sacarosa, moi utilizado na industria dos chicles e outras lambetadas. Ten un efecto de arrefriamento do padal polo que os produtos que o conteñen resultan refrescantes.
 
*[[Manitol]] . '''E 421'''.
É un azucre-alcohol, polialcohol, ou poliol de tipo monosacárido hidroxenado. Pode obterse por hidroxenación do azucre [[manosa]].
 
*[[Maltitol]] '''E 965''' .
É un azucre-alcohol, polialcohol, ou poliol, de tipo disacárido hidroxenado. Emprégase en chicles, alimentos para diabéticos e alimentos dietéticos.
 
*[[Polidextrosa]] '''E 1200'''.
Substituto do volume de azucre pero non do seu sabor doce, polo que aínda que substitúe o azucre, en sentido estrito non é un edulcorante. Utilizado como substituto do azucre en varias aplicacións alimentarias como xeados, galletas, iogures, pastelaría, etc.
 
*[[Isomalt]] '''E 953'''
Está feito a partir do [[azucre]] e emprégase nunha gran variedade de [[alimento]]s e [[fármaco]]s. Ten o mesmo gusto, textura y aparencia que o azucre e proporciona a metade de calorías. Non produce caries.
 
*[[Neoazucres]].
Liña 141:
 
*[[Neohesperidina dihidrocalcona]] '''E 959'''.
Elaborado a partir dada "Laranxa amarga" (Citrus aurantium).
 
*[[Alitamo]] ®
Liña 159:
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*BALLABRIGA A, CARRASCOSA A.: Sustitutos de grasa y edulcorantes. Cap 11. En, Nutrición en la infancia y adolescencia. (2ª ed), Ergon, , 2001
*CABL L.: Guía de aditivos usados en alimentación: colorantes, conservantes, antioxidantes, emulgentes, edulcorantes. , 1999
*FIGUEROLA G.: Diabetes. Masson, , 2003
*NABORS L.: Aklernative sweeteners. , 2001
*SMITH J.: Sweeteners in Europe, a current perspective. InternationaL Food Ingredientes. , 2003
Liña 171:
[[en:Sugar substitute]]
[[es:Edulcorante]]
[[fi:Makeutusaine]]
[[fr:Édulcorant]]
[[he:ממתיק מלאכותי]]
Liña 182 ⟶ 183:
[[pt:Adoçante]]
[[ru:Подсластители]]
[[fi:Makeutusaine]]
[[sv:Sötningsmedel]]
[[tr:Tatlandırıcılar]]