Abú Muzab al Zarqaui: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxiños de formato
Liña 1:
'''Abú Muzab al Zarqaui''' (en árabe: أبومصعب الزرقاوي‎), o autoproclamado líder de [[Al Qaeda]] en Iraq, naceu en Xordania o [[20 de outubro]] de [[1966]] e morreu o [[7 de xuño]] de [[2006]] na cidade de [[Baquba]], en [[Iraq]]). Diferentes testemuños relacionaron a Al Zarqaui con actos terroristas en Iraq no tempo da ocupación estadounidense, entre os que se contan a planificación de atentados suicidas e ataques directos contra militares, policías e civís.
 
Al Zarqaui, seareiro do movemento [[salafí]] opúñase á presenza das tropas de países occidentais nos países islámicos, especialmente Iraq, así como ao recoñecemento da existencia do estado de Israel. Al Zarqaui, que era musulmán [[suní]], tamén entendía que os [[xií|xiís]]s de Iraq estaban tendo unha actitude colaboracionista coa ocupación occidental, e por esa razón declaroulles a guerra en [[setembro de 2005]].
 
Al Zarqaui recoñecíase seareiro de [[Ben Laden]], e dende [[outubro de 2004]] referíase á súa propia organización, [[Iama'at al Tauhid ual Xihad]], como célula de [[Al Qaeda]] en Iraq. O propio Ben Laden cualificou a Al Zarqaui de ''príncipe de Al Qaeda'' en Iraq.