Cristalino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Nova páxina: O '''cristalino''' é un compoñente do ollo con forma de lente biconvexa que se atopa situado tralo iris e diante do humor vítreo. A súa función principal...
 
Hugo22 (conversa | contribucións)
traducido da wiki castelá
Liña 1:
[[Imaxe:Schematic diagram of the human eye pt.svg|350px|thumb|right|Diagrama esquemático do [[ollo]] humano]]
 
O '''cristalino''' é un compoñente do [[ollo]] con forma de lente [[biconvexo|biconvexa]] que se atopa situado tralo [[iris]] e diante do [[humor vítreo]]. A súa función principal consiste en permitir enfocar obxectos situados a diferentes distancias. Este obxectivo conséguese mediante un aumento da súa curvatura e do seu espesor, proceso que chamado [[acomodación (cristalino)|acomodación]]. O cristalino caracterízase pola súa alta concentración en [[proteína|proteínas]], que lle confiren un índice de refracción máis elevado que os fluídos que o rodean. Este feito é o que lle outorga a súa capacidade para [[refracción|refractar]] a [[luz]], axudando á [[córnea]] a formar as imaxes sobre a [[retina]].
 
A medida que medra a idade do suxeito, o cristalino vai perdendo progresivamente a súa capacidade para acomodar. Este fenómeno coñécese como [[presbicia]] ou vista cansa e as súas causas descoñécense. Afecta á totalidade da poboación a partires dos cincuenta anos de idade, esixindo o uso de lentes para enfocar obxectos achegados. A principal doenza que afecta ao cristalino son as [[catarata|cataratas]]. Por este nome coñécese a calquera perda de [[transparencia]] do mesmo que afecte á visión. As súas causas son diversas e cando se atopan nun estado avanzado requiren dunha operación cirúrxica.
 
== Anatomía ==
[[imaxe:Eyesection-es.svg|right|thumb|400px|Esquema da sección do ollo que amosa a localización do cristalino]]
[[imaxe:Lens_parts-es.svg|right|thumb|200px|Diagrama [[saxital]] coas diferentes partes do cristalino]]
 
O cristalino é un corpo [[lente|lenticular]], transparente, incoloro, biconvexo, flexible e [[avascular]]. O cristalino atópase no [[segmento anterior]] do [[ollo|globo ocular]], detrás do iris e o [[humor acuoso]] e diante do humor vítreo. Debido á ausencia de [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]] no seu interior, a nutrición do cristalino depende principalmente de intercambios co humor acuoso. A curvatura da cara anterior (a que limita co humor acuoso) é inferior á da cara posterior. Os centros de ditas son coñecidos, respectivamente, como polo anterior e polo posterior, mentres que a liña que os une chámase eixo do cristalino. A anchura entre as caras anterior e posterior denomínase espesor do cristalino; para un recentemente nado sen acomodación, o seu valor é duns 3.5 milímetrosLle Grand<ref>, E.; O Hage, S. G. ''Physiological Optics''. Páxinas 93 a 100.</ref>, Á circunferencia que delimita as dúas caras mencionadas chámaselle ecuador, mentres que ao diámetro da mesma coñéceselle como diámetro do cristalino.
 
Atópase arrodeado por unha cápsula transparente, elástica e acelular, tamén chamada [[cristaloides]], que está conectada ao [[músculo ciliar]] por medio dunhas fibras denominadas [[zónulas de Zinn]]. No interior do cristalino existen dúas zonas principais: o núcleo e a codia. A superficie anterior da codia está recuberta por un [[epitelio]], sendo este o único tecido do cristalino que é capaz de rexenerarse.
 
[[imaxe:Gray884.png|right|thumb|200px|Ilustración da [[Anatomía de Gray|''Anatomía de Gray'']] que amosa a codia (''external layers'') e o núcleo (''nucleus'') do cristalino. Aprécianse as diferentes capas concéntricas que van formando as novas células]]
 
[[imaxe:Gray885.png|right|thumb|200px|Ilustración da 20ª edición da ''Anatomía de Gray'' coa disposición das liñas de sutura nas superficies posterior (''A'') e anterior (''B'') do cristalino do recentemente nado]]
 
As fibras zonulares son finas e elásticas. Poden ser divididas en dous grupos de acordo á súa localización: as zónulas posteriores e as anteriores. As anteriores ocupan a rexión situada entre os [[proceso ciliar|procesos ciliares]] e a cápsula, uníndose á derradeira nas proximidades da rexión ecuatorial; as posteriores esténdense dende a unión do músculo ciliar coa [[ora serrata]] ata os procesos ciliares. A unión das fibras posteriores e anteriores, denominada [[plexo zonular]], está ligada ao epitelio do [[corpo ciliar]], nos vales dos procesos, por medio dun sistema de fibras secundario<ref>Adrian Glasser. ''Accomodation: Mechanism and Measurement''. Ophthalmology Clinics of North America</ref>.
 
O cristalino está formado por células alongadas (fibras), compostas principalmente por unhas [[proteína]]s chamadas cristalinas. Estas fibras continúanse producindo durante toda a vida humana, por diferenciación das células orixinadas na [[rexión xerminal (cristalino)|rexión xerminal]] do epitelio, preto do ecuador. Como consecuencia diso, o espesor do lente medra coa idade do suxeito: na codia anterior e posterior, as novas capas de fibras superpóñense ás vellas formando estruturas concéntricas estratificadas, dun xeito semellante ao que acontence nunha [[cebola]]<ref>Helmholtz, Hermann von.''Helmholtz's Treatise on Physiological Optics''. Volume I. Páxina 32.</ref>.
 
As fibras do interior van perdendo os [[orgánulo|orgánulos]] intracelulares, no que parece ser un proceso de [[apoptosis]]. Este feito axuda a reducir a absorción e a mellorar a transparencia do medio, á que tamén pode contribuír a regularidade das fibras (transversalmente, seguen unha configuración hexagonal). Ademais, como consecuencia deste crecemento tamén se produce un endurecemento do cristalino.<ref>Paul L. Kaufman, Albert Alm. ''Adler. Fisiología del Ojo. Aplicación Clínica''. Capítulos 5 e 7</ref>.
 
O cristalino presenta unhas liñas de [[sutura]] que parten dos polos e esténdense radialmente. Estas liñas correspóndense coas rexións nas que coinciden fibras con direccións de alongamento contrarias. No feto, na cara anterior hai tres liñas dispostas en ángulos de 120 graos, en forma de "E", mentres que na posterior configuran outra "E" investida. Coa idade, como se van engadindo novas fibras, a estrutura vaise complicando.
 
No [[feto]], a forma do cristalino é aproximadamente esférica e é máis brando que no estado adulto. Neste período, o seu desenvolvemento é apoiado pola [[arteria hialoidea]], unha póla da [[arteria oftálmica]] que atravesa o humor vítreo, estendéndose dende o [[disco óptico]] ata o cristalino. Esta arteria adoita involucionar no noveno mes de embarazo; os restos da mesma forman a [[canle de Cloquet]].