Cerceta de Carolina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 12:
==Descrición==
Son os patos máis pequenos de [[Norteamérica]], moi semellantes de aspecto a [[cerceta]] ''(Anas crecca)''. Os machos reprodutores teñen o lombo e os vaos grises, cun [[espello]] verde coa beira branca. A cabeza é castaña cunha mancha ocular verde. Diferéncianse dos machos da [[cerceta]] euroasiática por unha faixa branca vertical na beira do papo e pola falta dunha faixa escapular e das liñas finas da cor do ante na cabeza. As femias son marróns claras, moi dificilmente diferenciables das da [[cerceta]]. Os machos en [[plumaxe de eclipse]] son moi semellantes ás femias.
[[ImagenImaxe:Anas carolinensis dis.png|thumb|left|135px|Mapa de localización de ''Anas crecca'' '''carolinensis'''. <font color="#00FF00" face="monotype">'''Verde claro'''</font> (área de incubación). <font color="#157DEC" face="monotype">'''Azul'''</font> (área de invernación). <font color="#347235" face="monotype">'''Verde oscuro'''</font> (área de ocupación sedentaria).]]
==Hábitat e conduta==
E unha ave de zonas acuaticas planas con vexetación, coma as pozas da taiga, que se alimenta pacendo ou arrincando plantas na auga. Fan os niños no chan, preto da auga e protexidos pola vexetación.