Faramir: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
nomes propios
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Faramir''' é un personaxe da novela [[O Señor dos Aneis]] escrita por [[J.R.R. Tolkien]]. É o fillo menor de [[Denethor II]], AdministradorMordomo de [[Gondor]], e de Finduilas de [[Dol Amroth]]. O seu irmán maior é [[Boromir]].
 
Faramir é moi distinto ao seu irmán: para el o coñecemento e a sabedoría prevalecen sobre a forza e o poder. É xunto a [[Aragorn]] o único humano que resiste á tentación do [[Anel Único|Anel]], o que o fai aínda máis admirable. Gran condutor de homes, era reverenciado e amado polo seu pobo, así como todos canto o coñeceron.
Liña 7:
Denethor de súpeto sente remorsos por terlle escatimado o seu agarimo ao seu único fillo vivo (pois Boromir morrera pouco antes) e desesperación pola aparente caída do seu reino, e decide inmolarse xunto ao seu fillo, a quen cre morto.
 
[[Peregrin Tuc|Pipin]], arrepiado, avisa a [[Gandalf]], quen chega a tempo para salvar a '''Faramir''', aínda que non a Denethor. Posteriormente é levado ás [[Minas Tirith#As Casas deda CuraciónSaúde|Casas deda CuraciónSaúde]] e curado por Aragorn con axuda da herba [[athelas]].
 
Cando Aragorn subiu ao trono de Gondor, recoñeceu en '''Faramir''' a un gran mandatario, leal e xusto. Ademais de ratificalo como AdministradorMordomo do Reino e Capitán de Gondor, concedeulle o título de Príncipe de [[Ithilien]].
 
Durante a súa estadía nas Casas de Curación, coñeceu a [[Éowyn]], Señora de [[Rohan]] e irmá de [[Eomer]], Rei dos Rohirrim e entre eles floreceu o verdadeiro amor. Terminada a [[Guerra do Anel]], casou con ela e xuntos tiveron un fillo chamado Elboron. Finalmente residiron en [[Emyn Arnen]].
 
[[Peregrin Tuc|Pipin]], por agarimo e admiración ao AdministradorMordomo de Gondor, chama Faramir ao primeiro fillo que ten xunto á súa esposa Diamante de Quebra Longa, o cal logo casaría con Rizos de Ouro, filla de [[Samsagaz Gamllí]] e [[Rosiña Cotón]].
 
Faramir comparte co propio Tolkien e con Christopher, o fillo menor deste, un soño recorrente de temática [[atlántida]]. No soño unha grande onda arrasa e afunde baixo a auga un país, que no mundo de Tolkien será [[Númenor]], patria orixinaria dos [[Dúnedain]].