Orodruin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
corrección do nome debido á incoherencia do tradutor oficial
Manudosde (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
''Orodruin'' significa "montaña ardente" en [[Sindarin]]. O equivalente Sindarin do nome ''Monte do Destino'' é ''Amon Amarth'', literalmente "montaña do destino".
 
Cando na [[Segunda Idade do Sol|Segunda Idade]] Sauron comezou a súa procura dun lugar na [[Terra Media]] que lle servise de morada permanente, a súa atención recaeu inmediatamente sobre [[Mordor]], e en concreto sobre Orodruin, pois considerou que podería tirar partido do seu poder. Xa que logo, estabeleceu o seu reino ao redor do volcán, e "usou o lume que alí manaba desde o corazón da terra para os seus meigallos e as súas forxas". A máis célebre das creacións forxadas por Sauron no Monte do Destino é o inmensamente poderoso "Anel Único", que elaborou nos lumes das '''Sammath Naur''' (ou '''Fendas do Destino'''), unha sima situada nas profundidades da montaña. Dise n' ''O Señor dos Aneis'' que os materiais que compuñan o Anel eran tan resistentes, e os encantamentos nel insuflados tan potentes, que só podía ser destruído nesas mesmas Fendas dado CondenaciónDestino.
 
Dáse a entender que Orodruin é moito máis ca un simple volcán: responde ás ordes de Sauron e á súa presenza, sumíndose nunha inactividade cando non se atopa en Mordor e volvendo á vida ao voltar este. Semella que a súa actividade tamén estea conectada ao poder persoal de Sauron, pois cando este é derrotado á fin da [[Terceira Idade do Sol|Terceira Idade]], o volcán entra nunha violenta erupción para despois cesar toda actividade de maneira permanente.