Ödön von Horváth: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 6:
A familia trasladouse en [[1902]] a [[Belgrado]] e en [[1908]] a [[Budapest]], onde Ödön foi educado (en [[lingua húngara]]) por un profesor particular. Cando seu pai foi transferido a [[Munich]] en [[1909]], Ödön permaneceu en Budapest estudando no internado episcopal, o „Rákóczianum“. En [[1913]] marchou vivir con seus pais e comezou a aprende-lo alemán. A familia mudouse a [[Pressburg]], despois a Budapest e Ödön asentouse, despois dun novo traslado dos pais a Munich, en [[Viena]], baixo a protección de seu tío Josef Prehnal. Alí concluíu en [[1919]] os estudos secundarios nun ximnasio privado e no mesmo ano matriculñouse na universidade de Munich, onde asistiu a seminarios de psicoloxía, literatura, teatro e belas artes ata o semestre de inverno de [[1921]]/[[1922]].
 
Horváth comezou a escribir en [[1920]]. A partires de [[1923]] viviu en sobre todo en [[BerlinBerlín]], [[Salzburgo]] e con seus pais na cidade [[Bavaria|bávara]] de [[Murnau am Staffelsee]], dedicándose de xeito cada vez máis intenso á literatura, por ben que moitos textos desa época foron destruídos polo propio autor. Malia que non estaba vinculado a ningún partido político, simpatizaba coias esquerdas. Foi testemuña nun xuízo conta o [[partido nacionalsocialista]] e nas súas pezas teatrais, como ''Sladek, der schwarze Reichswehrmann'' ([[1929]]), os avisos contra os perigos do [[fascismo]] fixéronse habituais. En. 1929 abandonou a [[igrexa católica]].
 
A fama de Horváths como poeta alcanzou o seu primeiro punto culminante en [[1931]], cando recibiu o [[Kleist-Preis|premio Kleist]] e foi representada a súa obra teatral máis coñecida ''Geschichten aus dem Wiener Wald'' (Historias dos bosques de Viena). En [[1933]] despois da toma do poder por [[Adolf Hitler]] a [[SA]] fixo unha pescuda na casa de seus pais en Murnau Horváth abandonou [[Alemaña]]. Os anos que seguiron pasounos en Viena e [[Henndorf]], preto de Salzburgo, e converteuse nun dos membros máis importantes do [[círculo de Henndorfer]], formado ó redor de [[Carl Zuckmayer]].