Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Resorte»

m
Nova sección: →‎ídem
m (Nova sección: →‎ídem)
 
Ola, vin a túa mensaxe e boteille un ollo ao wikiproxecto, encantaríame participar pero no tema das linguas non me sinto capacitada, preparada ou como o queiras chamar. Non sei a quen convidaches pero quizais si fose interesante que pensases en Sobreira, Xabier Cid, Lmbuga, Xosé ou Maañón que xa teñen amosado coñecementos sobre o tema. Eu de verdade que o sinto moito, de todas formas se cres que pode haber algunha tarefa na que poida resultar útil non dubides en dicirmo. Grazas e saúdos. --[[User:Alma|Alma]]<sup>[[User talk:Alma| (fálame eiquí) ]]</sup> 16:49, 29 decembro 2007 (UTC)
 
== ídem ==
 
Sobre o do wikiproxecto de arriba. Eu tamén vou estar liado de aquí a mediados de ano. Teño certo material e referencias que poden ser de interese. Eu comezaría creando unha bibliografía. Non vou entrar no tema das linguas, cales son, como diferencialas, etc., pero creo que pode ser moi interesante xa só polo do nome das linguas se se fai con rigor, sobre todo no ámbito terminolóxico. En Termigal traballouse algo sobre o nome dalgunhas linguas puntualmente, pero non hai nada sistemático. Non sei en que medida sería legal que che subministre datos e cousas así disto en concreto, pero só é necesario ter instalado o parche de OpenOffice ou WindowsXP (e no futuro WVista) para coñecer a versión galega oficial (por estar avalada por Termigal) dos nomes das linguas máis importantes. No Galizionario tamén hai algo traballado, pero moito menos. Se o precisades, podo facer unha minibibliografía especializada de referencia en galego para linguas e xentilicios (3-4 libros). Como mínimo, considero fundamental a ''Guía das linguas de Europa'' (ou algo así) de Xosé Henrique Costas (Ed.Positivas) e básico a proposta de Begoña González, Benigno Fernández Salgado e os listados oficiais da UE. Boa fin de ano.--[[Image:Flag of Western Sahara.png|20px]] [[User:Sobreira|Sobreira]] [[User_talk:Sobreira|(''parlez'')]] 00:27, 30 decembro 2007 (UTC)
19.542

edicións