Ascoli Piceno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 11:
Ascoli foi fundado polos [[Sabinos]], varios séculos antes da fundación de Roma, sobre a importante ''[[Vía Salaria]]'', a cal unía o [[Lazio]] coas áreas de produción de sal na costa Adriática. No ano [[-268|268]] a.C. converteuse nunha ''civitas foederata'', só nominalmente independente de Roma. En [[-91|91]] a.C. rebelouse contra Roma xunto con outras cidades da Italia central pero en [[-89|89]] a.C. foi conquistada e destruída por [[Pompeio Estrabón]]. En calquera caso, converteuse en parte integrante de Roma.
 
Durante a [[Idade Media]] foi devastada polos [[ostrogodos]] e logo polos [[longobardos]] do rei [[Faroaldo]] ([[578]]). Logo de case dous séculos como parte integrante do longobardo [[Ducado de EspoletoSpoleto]] ([[593]]-[[789]]), Ascoli foi gobernada polos [[francos]] por medio de vigairos, aínda que en última instancia os bispos da [[Igrexa católica]] foron progresivamente gañando influencia e poder dentro da cidade.
 
En [[1189]] converteuse nunha [[república]] libre, pero as loitas internas conduciron á cidade á perda de valores cívicos e liberdade, e a empresas desafortunadas contra os inimigos veciños. Esta situación incerta abriu o camiño ao goberno de caudillos estranxeiros, como os de [[Galeotto Malatesta]] ([[século XIV]]), ao principio chamado á cidade como [[condotiero]] na guerra contra [[Fermo]], e de [[Francisco Sforza]].