Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: {{Babel-5|gl|es|pt-3|en-3|fr-2|}}
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Babel-5|gl|es|pt-3|en-3|fr-2|}}
Presento o meu perfil en galego (para ver o meu perfil de usuario na wikipedia en castelán: [http://es.wikipedia.org/wiki/Usuario:Xerm%C3%A1nico Xermánico] ).
 
 
Son estudante de Belas Artes na universidade de Salamanca, ainda que durante o curso 2007-2008 estudio na faculdade de Belas Artes da Universidade de Lisboa. Interésanme especialmente os temas sobre arte, Banda Deseñada, historia, lingua e política.
 
Teño un blog bilingüe: [http://www.o-blog-do-xermanico.blogspot.com]
 
Sobre ideas político-lingüísticas (sendo este o tema onde posiblemente entre en mais discusions) teño un escepticismo xeral en casi calquer tema, pero en líneas xerais podo dicir:
 
*Son ateo, pero non deixo de respetar as crencias de cada un.
*En principio podo dicir que son español, segundo a miña interpretación do termo.
*Son galego, non nacionalista dende o punto de vista de que non comparto moits das bases fundamentais desta ideoloxía e moito menos os medios que os partidos deste tipo utilizan para leva-las a cabo. Ainda así, teño algunhas afinidades puntuais que non vou negar.
*Sí debo sinalar que o patriotismo, nacionalismo e sentimento nacional son cousas que considero moi negativas. As bandeiras, hinos e supostos sentimentos (que temo sexan artificiais) non teñen demasiada importancia na miña forma de ver o mundo.
*Vexo e sinto unha afinidade moi forte con Portugal, especialmente co norte. Nembargantes, non defendo a unión de España e Portugal nin a de Galicia e Portugal.
*Vexo o reintegracionismo como algo interesante e comparto-o ata certo punto (para min que o galego se considerase unha parte dun diasistema co portugués non suporía drama ningún), por outra banda a forte politización do movimento reintegracionita, e o facto evidente de que a maioría dos galegos e portugueses non ven ao galego e ao portugués como unha mesma lingua e as miñas propias dúvidas razoables fan que eu non defenda (nin utilice) abertamente esta posición e utilice a maioritaria.