Contido eliminado Contido engadido
Nova sección: →‎solicitados
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Reino de Galicia
Liña 279:
 
boas! xa sei que vas andar liado, pero se tés un minuto podías mudar os artigos solicitados de animais, que é un campo totalmente descoñecido para min? descansa! --[[Saúde]], e pola sombra!! [[User:Estevoaei|Estevoaei]]<sup>[[User_talk:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 18:32, 24 decembro 2007 (UTC)
 
== Reino de Galicia ==
 
Bon dia Albert, parabéns polo traballo que fas aqui. Envioche unha proposta porque non sei realmente onde poñela, se na taberna ou realmente non sei, o caso é que estou traballando como xa veriades en documentar e encher ocos documentais relativos á entrada "Reino de Galicia/Galiza), o tema que propoño é unha reformulación dos periodos históricos, é dicir, ata agora temos:
Idade Antiga: Cultura castrexa, Gallaecia, Reino Suevo, e despois Idade Media: Reino de Galiza, Época Altomedieval e Galicia Feudal.
Entendo a quen dispuxo así a historia galego, pero con todo penso que é mellorable, explicome;, propoño que fagamos un cambio é que na historia antiga non engadamos o Reino Suevo, porque?, porque o comezo da idade media en Europa a marcan xustamente as invasións xermánicas e a caida de Roma, iso é un feito universal e como tal penso que deberiamos respectalo.
 
É dicir, eu cingiría a 2 periodos a Idade Antiga: Cultura castrexa (ou galaica), e periodo Galaico-romano (Gallaecia simplemente é o nome latino de Galicia), aínda que os termos poden quedar como estaban. Por outra banda, é incuestinabel que no século V comeza a Idade Media, tampouco ten senso que na nosa cronoloxía apareza Epoca Altomedieval se despois non lle acompaña unha Época Baixomedieval. Con todo eu propoño seguir novamente o modelo que dende uns anos acó se situa como máis correcto. Sería dentro da IDADE MEDIA: Periodo [[Tardo-Antigo]] (V-VIII), Periodo [[Altomedieval]] (VIII-XIII), e Periodo [[Baixomedieval]] XIII-XVI. Nese momento a finais do XV e comezo do XVI é cando comeza a Idade Moderna, estes séculos varian sensiblemente dun país a outro, pero en liñas xerais son aceptados pola comunidade, e visible mesmo en internet.
 
Asi a Idade Media, que está marcada polos reinos ten unha coerencia maior, e a historia antiga tamén.
 
Vou ver onde podo colocar isto, de todos xeitos, agardo a túa opinión e a de todos os galipedianos.
 
Parabéns a todos.